Lugo, 18 de agosto de 2017. Máis de 650 persoas participaron nas primeiras actividades fluviais e gratuítas que o Goberno da Deputación leva ao interior da provincia. Así o informou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que avanzou que “esta cifra correspóndese coa participación das actividades que levamos aos primeiros 5 Concellos dentro desta programación fluvial, que está incluída dentro do Plan Estratéxico de Turismo, cumprindo deste xeito cunha das súas liñas de actuación do mesmo, que é a posta en valor dos recursos e zonas fluviais lucenses para promover o sector turístico”.
Rivera Capón explicou que do total de participantes, 72 foron en Ribeira de Piquín; 212 en Navia de Suarna; 96 en Vilalba, 48 en Negueira de Muñiz, e 223 en Ribas de Sil. Neste senso, o Deputado remarcou que “trátase dunha actividade que esperta moito interese entre os veciños e os propios Concellos, que nos trasladaron a súa satisfacción por ofrecer este tipo de iniciativas que ademais de ser lúdicas, impulsan o turismo de cercanía e axudan a xerar riqueza”.
Rivera Capón, explicou que “con esta iniciativa buscamos reforzar no verán, cando temos a máis visitantes na nosa provincia, a oferta lúdica e deportiva no interior do conxunto da provincia, ofrecendo tanto no norte, centro como no sur lugués unha alternativa ao turismo de praia, e amosando as posibilidades de lecer tamén nos nosos ríos. Trátase de poñer en valor os recursos fluviais da nosa provincia para contribuír ao impulso do turismo”.
Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, inclúe un total de 12 xornadas, que se desenvolverán en espazos naturais.
As actividades inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares.
Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.
Seguintes actividades
As vindeiras citas programadas nos oito Concellos son as seguintes;
•Chantada – 20 de agosto – Praia do Parque Sangoñedo (16:00 a 19:00 horas).
•Monforte – 22 de agosto – Paseo do Malecón (16:00 a 19:00 horas).
•Sarria – 23 de agosto – Area de recreo O Chanto (16:00 a 20:00 horas).
•A Pontenova – 26 de agosto – Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas).
•Guitiriz – 26 de agosto – Área recreativa de Parga (16:30 a 19:30).
•Trabada – 27 de agosto – Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).
•Portomarín – 1 de setembro – Náutico (16:00 a 19:00 horas).
•Lugo – 2 de setembro – Club Fluvial (16:00 a 20:00 horas).
I Travesía do Caneiro
A derradeira das sesións, que terá lugar na capital luguesa, no entorno do Club Fluvial, será o 2 de setembro, coincidindo coa I Travesía do Caneiro, un evento deportivo de natación en augas abertas, que discorrerá nun circuíto paralelo ao caneiro e que, dependendo das categorías, desenvolverase en tres probas: unha travesía popular, non competitiva; unha travesía curta de 800 metros e unha longa de 1.500 metros.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



