Cervo, a 11 de agosto de 2017. O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e Deporte, continúa no mes de agosto coa programación das Noites Alternativas.
Esta semana foi a rolda do Basket 3×3 na Praza dos Campos. Os encontros das diferentes categorías disputáronse entre o luns 7 e o xoves 10, este último día asignado para as semifinais e finais de cada unha das categorías.
Un torneo de baloncesto que reuniu a máis de 150 participantes e contou cun total de 39 equipos, agrupados nas 5 categorías correspondentes: Sub 10, Sub 12, Sub 15, Sub 17 e Sénior.
O edil de Deportes, José Ramón Soto, e a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, presenciaron os diferentes partidos e fixeron entrega das medallas aos equipos gañadores nas súas respectivas categorías: Os Calatrava (Sub 10), Bad Boys (Sub 12), Chunga Estu (Sub 15), Magiponys Voladores (Sub 17) e Las Señoritas (Senior).
Soto sinalou que as Noites Alternativas durante o mes de agosto “están a ter, ao igual que en xullo, unha excelente aceptación, que é o resultado dunha boa oferta de actividades ocio-deportivas”.
A vindeira semana rematan as Noites Alternativas de verán 2017 con Pádel e Fútbol no campo de fútbol artificial, poñendo punto e final a un programa que “foi todo un éxito en canto a participación”.