Burela 27-8-17. Nos primeiros minutos do partido os ferroláns empezaron con defensa alta, estando cómodos sobre a pista e levando a batuta no xogo, onde o Pescados Rubén Burela respondía defendendo arriba. Os da Mariña aproveitaban un erro dos ferroláns, que propiciaba que Helder anotase o 0-1 no minuto 7, mentres que dous minutos despois a historia repetíase, sendo Luisma o autor do 0-2.
Estes dous goles facían dano aos xogadores de O Parrulo Ferrol, con moitos nervios sobre a pista e cometendo bastantes erros, aínda que con este 0-2 o encontro íase ao descanso.
Trala reanudación, os ferroláns tiveron doce minutos bastante bos sobre a pista, realizando defensa a media pista e realizando un mellor xogo, pero non conseguían recortar distancias, senón que chegado o minuto 33 Hélder volvía ser protagonista ao anotar o seu segundo tanto na súa conta particular e facer o 0-3.
Nos minutos finais O Parrulo Ferrol intentábao con porteiro-xogador sobre a pista, dando resultado o xogo de cinco, cun gol de Dani Montes dentro do último minuto do partido, sendo o 1-3 o resultado definitivo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
