Lugo 14-9-17. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) impartirá en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia varias accións formativas de inglés básico orientado ao sector turístico en diferentes localidades da provincia de Lugo.
Os talleres comezarán a próxima semana, concretamente o martes 19 de setembro, na cidade de Lugo e terán unha duración de 15 días con 4 sesións semanais de luns a xoves, nas que se ensinará como explicar a carta e cobrar aos clientes en inglés.
Ademais, participando nestas accións de formación, os establecementos poderán incorporarse á guía Galicia Friendly (English spoken) que terá difusión tanto en medios locais e provinciais como en redes sociais.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Ao longo do mes de outubro, os talleres trasladaranse aos municipios de Monforte de Lemos, Foz e Sarria.
Para máis información contactar coa APEHL na súa sede central ou no teléfono 982 226 912 .