LUGO, 6 de setembro de 2017.- A presidenta provincial, Elena Candia, participará na 23 Unión Intermunicipal Popular que esta formación política celebra este venres e o sábado en Zaragoza, e que será clausurada polo presidente do PP nacional, Mariano Rajoy. Concretamente, a dirixente luguesa intervirá na mesa, que terá lugar o día 9, ás 9:00 horas, e que versa sobre como afrontan o reto demográfico as entidades locais.
O encontro desenvolverase no Palacio de Congreso da cidade aragonesa. Dará comezo ás 10:00 horas do día 8. Ao longo desa xornada, intervirán representantes de Novas Xeracións de Galicia, a secretaria xeral zaragozana e haberá catro mesas redondas que levan os seguintes nomes: “Dos años de Podemos a los Ayuntamientos”; “Fondos Europeos, Oportunidad de Desarrollo y Crecimiento para las Entidades Locales”; “Las Entidades Locales: Garantía de Cohesión en España”; e “La Generación de los Buenos Gestores de la Administración Local”.
A xornada do sábado dará comezo coa intervención de Elena Candia, e continará coa mesa titulada “Una Mirada a las Ciudades del Futuro”. Seguidamente, haberá sendos comunicados sobre “Justicia de Calidad y Cercana al Ciudadano y al Territorio “ e “Cooperación y Coordinación entre las Administraciones Públicas”. O encontro rematará coa clausura a cargo do presidente nacional do PP e do presidente do Partido Popular en Aragón, Luis María Beamonte.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



