Viveiro 15-9-17. A partir do vindeiro luns, 18 de setembro de 2017, comezarán as obras de reposición de pavimentos e mellora de instalacións da Rúa Grande, en Celeiro, no tramo comprendido entre os números 70 e 96 de dito vial.
As obras que se van a realizar consisten en:
– aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais.
– dotar a este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais.
– aumentar a sección da rede de suministro de auga potable, e así garantir o bo servizo da instalación.
– canalización a instalación de telefonía, e así liberar as fachadas do cableado grampado, así como os cruces e interseccións de viais.
– realizar a canalización para nun futuro soterrar a instalación eléctrica e de telecomunicacións que discorre polas fachadas.
O cableado tanto de telefonía como o eléctrico, ademais de desmellorar a imaxe global do entorno, cruzan a rúa, e en determinadas zonas está demasiado baixo, o que ocasiona en determinados puntos certos impedimentos para a circulación de vehículos de gran porte.
– demoler o pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abuxardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo urbano de Celeiro.
Con motivo destes traballos, a partir do luns e durante o tempo de duración da obra, cortarase o tráfico entre a rúa Arribada e o número 100 da Rúa Grande; por este motivo, lémbraselles aos veciños con garaxes na zona que, se o desexan, retiren os vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles.
A Rúa Arribada será de doble sentido, regulada por semáforos, ata o remate das obras.
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.