Lugo, 6 de setembro de 2017. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña.
Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster…).
Ata o momento, hai preto de 70 persoas anotadas. As inscricións poden facerse en www.championchipnorte.com. O prezo é de 10 euros para os ciclistas con licenza federativa e de 26 euros para os non federados.
Goberno da Deputación e Concello promoven conxuntamente esta iniciativa mediante unha achega de 3.000 euros e dentro da súa aposta compartida polo impulso do turismo e do deporte para factores que dinamizan economicamente e social a provincia. Tamén colabora na organización o Clube Ciclista Viveiro.
Percorrido, proba e premios
A xornada arrancará o domingo, 10 de setembro, ás 09:30 horas, dende a Feira Nova. O percorrido estará sinalizado por Lindín, A Cadeira e O Picato. O treito final, que será o cronometrado, terá lugar dende Tovar ata a Cadeira, “un enclave único para todos os amantes do ciclismo que desexen desfrutar dunha xornada deportiva e de lecer”, apuntou a Alcaldesa. Este consta de case 4 quilómetros cun desnivel medio do 10%.
Haberá premios para os mellores de cada categoría na proba cronometrada: Júnior de 15 a 17 anos; Sénior de 18 a 29 anos; Máster-30 de 30 a 39 anos; Máster 40 de 40 a 49 anos; e Máster 50 de 50 anos en adiante.
Inscricións e xantar
O prezo da inscrición é de 10 euros para os ciclistas con licenza federativa e de 26 euros para os non federados. Od participantes que desexen xantar na vila ao final da marcha poderano facer aportando 5 euros máis á inscrición. O xantar celebrarase nas instalacións da Feira de Lourenzá. Inscrición aberta en www.championchipnorte.com.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
