Ribadeo, 5 de setembro de 2017. O vindeiro luns, 11 de setembro, arrinca unha nova edición do programa Aquí?… Coma de 20!. Un cento de veciños e veciñas das parroquias ribadenses participan nas actividades ofertadas polo Concello.
Desde a Concellaría de Igualdade lembran que “Aquí?… Coma de 20! comezou no ano 2013 cunha ampla proposta de actividades enfocadas a aquelas persoas maiores de 65 anos e que están a vivir nas parroquias de Ribadeo. Durante este tempo o proxecto inicial aquelouse ás actividades que máis éxito tiveron entre as persoas participantes así como ás necesidades que se detectaron”.
E engaden que “2015 iniciouse cun obradoiro de memoria que contemplou as parroquias de Cedofeita, Remourelle, A Devesa, Rinlo e Couxela, co que imos continuar neste novo período. Concentrando as actividades nestas parroquias conseguimos que as persoas usuarias tamén se desprazasen, ben por horario ou por proximidade”.
Na Concellaría de Igualdade sinalan que “non só están a participar persoas maiores de 55 anos, como se formulou nun primeiro momento, senón que coa evolución da actividade, así como coas novas necesidades que se van creando no entorno, propiciaron que se puidera abrir o campo de idade”.
Desde este departamento do Concello indican que “o 2016 foi se cadra á consolidación total do programa Aquí?… como de 20!!, que se puido apreciar na clausura da actividade que tivo lugar no mes de xuño e foi todo un éxito de asistencia, emocións e moitas ilusión por seguir coa actividade de lecer. Vimos caras que xa nos son familiares dende que esta experiencia comezou a súa andaina, pero tamén novas incorporacións que van xurdindo en cada parroquia. Estamos presentes nas redes sociais. Creamos unha páxina de facebook, https://www.facebook.com/aquicomade20/?fref=ts,creamos grupos de whatsapp a raíz de iniciarnos nas novas tecnoloxías, andamos á procura de novos lugares que explorar, así como a creación de canles de comunicación interparroquial”.
Desde a Concellaría de Igualdade seguen a relatar que “neste comezo de 2017 puidemos ampliar o número de lugares nos que realizamos as nosas Tardes de Lecer así como incrementar actividades tanto de carácter endóxeno como exóxeno e tamén tivemos un considerable incremento do número de participantes de tódolos eidos e idade. Neste percorrido desde xa aneiro ata xuño, puidemos participar en cursos sobre o manexo de móbiles, colaborar coas diferentes actividades do Concello: A Chocolateira, Ribadeo Indiano, Coñece o teu corpo así como aqueles días especiais Letras galegas, Ribadeo en Negro, Diversidade Sexual, así como en sendas campañas de solidariedade e de reivindicación Erguemos o bastón contra a mala educación esixindo respecto pola terceira idade”.
Finalmente lembran que “o número de participantes que participaron na excursión a Alfoz-Valarouro, foron un total de 75 persoas, e a pesares das inclemencias do tempo, a experiencia foi totalmente satisfactoria e con moitas ganas de poder repetir, é poder gozar doutras actividades”. E subliñan que “debido ao éxito acadado estes anos e ao ver o incremento tanto de participación como de actividades novidosas, así como das parroquias nas que se ofertan estas actividades, a aventura volta a comezar despois das festas da Patroa de Ribadeo, con actividades máis variadas tanto dentro como fóra da parroquia. Agardamos un incremento de usuari@s da actividade, hoxe contamos con 92 persoas que están a desfrutar destas Tardes de Lecer polas parroquias de Ribadeo”.
Os horarios das actividades que darán comezo o vindeiro 11 de setembro son os seguintes:
-De 16 a 18 horas haberá tardes de lecer os luns en Vilela, os martes en Cedofeita, os mércores en Rinlo, os xoves en Cinxe e os venres en Santalla de Vilaosende
-E de 18:30 a 20:30 horas as actividades chegarán os luns a Remourelle, os martes a Vilaselán, os xoves ás Anzas e os venres a Couxela.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



