Lugo, 6 de setembro de 2017.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) apoiará con 658.000 euros once novos proxectos empresarias na provincia de Lugo. Farao a través do programa Galicia Rural Emprende, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego e da que se benefician autónomos, microempresas e pequenas empresas no ámbito rural.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen destacou a importancia e utilidade deste tipo de apoios para fomentar o emprendemento no medio rural e a diversificación produtiva neste ámbito, xa que logo está dirixido exclusivamente a actividades non agrícolas.
Permitirán mobilizar 1,5 millóns de euros
Entre os beneficiarios do programa atopamos empresas e autónomos nos sectores da construción e mobiliario con materiais naturais e ecolóxicos, albergues, servizos turísticos e forestais, un obradoiro artesanal de cervexa e plataforma dixitais e fabricación de bonecas, emprazadas nos concellos de Sober, Navia de Suarna, Abadín, Monforte, Palas de Rei, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Triacastela, Begonte e Monforte de Lemos.
As axudas consisten en achegas económicas directas que oscilan entre os 42.500 e os 70.000 euros, como tope máximo, e permitirán mobilizar 1,5 millóns xa que é a cantidade que se comprometeron a investir as once empresas e particulares beneficiarias do programa.
Ademais os investidores poderán recibir un adianto do 60% da axuda concedida logo da notificación da resolución e unha vez teñan acreditado o inicio do plan empresarial de negocio, que se desenvolverá en 18 meses. As axudas do programa Galicia Rural Emprende están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
O programa Galicia Rural Emprende súmase ao amplo catálogo de servizos, ferramentas e instrumentos de apoio habilitados pola Xunta no marco da Lei do Emprendemento e que inclúe o Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, o programa Galicia Emprende, a Rede Galega de Inversores particulares ou a Rede Galega de Mentores. Unha nova liña de apoio co obxectivo de fixar poboación nas zonas menos poboadas de Galicia e aumentar as oportunidades laborais dos seus habitantes.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



