Burela 4-10-17. A A Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha xornada relaxante no Spa Attica 21 de Vilalba , unha actividade na que nesta ocasión participan 13 persoas con enfermidade mental, dos diversos Centros de “A Mariña” acompañados de 3 técnicos.
Ás 11 da mañá chegaban ás instalacións do spa , con un planing de actividades moi terapéutico. Concretamente, disfrutaron da piscina dinámica do Spa e zona de jacuzzis, ademáis do circuito termal de contrastes, con saunas, duchas bitérmicas, zona de escarcha, pediluvio, ….
Despois disfrutaron todo o grupo dunha comida de confraternización nun entorno inmellorable como é Vilalba, visitando pola tarde a “Charca de Santaballa”, e o casco histórico.
Esta actividade , xunto con outras enmarcadas durante todo o mes de Outubro, dentro das actividades programadas polo DIA MUNDIAL DA SAUDE MENTAL , repercute moi positivamente na mellora terapéutica de todos os participantes , aumentando a súa calidade de vida. Así repuxeron forzas para mañá estar presentes coa campaña “O QUE TEÑO NA MENTE”, no Centro de Saúde de Burela.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



