Ribadeo, 4 de outubro de 2017. A Concellaría de Cultura presentou este mércores a XIV edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de outubro. As representacións terán lugar no Teatro ás 20:30 horas, agás o domingo que será ás 19:30.
A mostra comezará o venres coa representación da Asociación de Mayores Cristo del Buen Viaje, de Figueiras, que porá en escena a obra titulada A trastada. O grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, presentará o sábado Bicos de vinagre, e Disfunción Continua, de A Estrada, o domingo Departamento de selección. Na presentación celebrada hoxe no salón de plenos do Concello de Ribadeo, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, estivo acompañado da viúva do dramaturgo ribadense Daniel Cortezón, Mati González.
O edil ribadense dixo que “con moito orgullo presentamos a décimo cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Son xa catorce anos desenvolvendo esta actividade que nos permite dar a coñecer o teatro que se fai pola nosa contorna e tamén por grupos que veñen de máis lonxe”.
Graña sinalou que “nesta décimo cuarta edición que vai ser este venres, este sábado e este domingo, poderemos ver a representación dun grupo de teatro duns veciños nosos das Figueiras, é o grupo da Asociación de Mayores Cristo del Buen Viaje e vainos representar A trastada. Como ben pode verse a través do título é un conxunto de trastadas que fai a personaxe principal da obra e que é unha comedia que pode endulzarnos ben a tarde do venres, e poderemos pasalo moi ben ás oito e media no Teatro de Ribadeo. Imos ver como os nosos veciños doutro lado da ría fan teatro igual que eles veñen aquí outras veces e ven cómo nós facemos teatro. O importante é intercambiar e ver a xente distinta que fai teatro”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “o sábado, tamén no Teatro ás oito e media, o grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, visítanos. É outro grupo de teatro de aquí cerca, xa da Mariña luguesa, que vai representar Bicos de vinagre. Combina un pouco comedia e algo de traxedia, pero nun formato un pouco distinto ao do venres”.
Farruco Graña subliñou que “o domingo tamén no Teatro, pero ás sete e media, porque o grupo que nos visita ven desde A Estrada e pediron que puidera ser un pouco antes a representación teatral. Disfunción Continua representará Departamento de selección. É o reflexo da vida mesma, a xente buscando traballo que ten que pasar por un grupo de selección e que se ve sometida a unha serie de probas. É unha metáfora da vida mesma, as dificultades que nos mostra o día a día, os momentos doces e algún sabor cómico, pero tamén momentos dramáticos e que reflicten un pouco a condición humana. Diso trátase a fin de contas o teatro, de reflectir a condición humana, en clave de humor, en clave traxicómica, noutras ocasións en clave de traxedia”.
O concelleiro ribadense declarou que “en Ribadeo sempre estamos abertos e abertas a ver e a facer teatro, a aprender dos demais e a mostrar aos demais o que sabemos facer. Así que convido a toda a veciñanza do propio concello de Ribadeo e dos concellos limítrofes a ver e a asistir ás representacións teatrais da décimo cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón”.
Pola súa banda a viúva do dramaturgo ribadense Daniel Cortezón, Mati González, quixo “animar á xente a que acuda a esta mostra. Xa van catorce edicións e creo que xa ten unha traxectoria moi importante. Gustaríame que fora moita xente e sobre todo especialmente que a xente do grupo de teatro de Ribadeo acudira para opinar, valorar e ver aos distintos grupos de teatro afeccionado que temos en Galicia e neste caso tamén na parte de Asturias”.






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



