Burela 19-10-17. A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Consellería de Cultura, Educación e 0rdenación Universitaria a través da Secretatía Xeral de Galicia, presentan o programa Ler Conta Moito, para a dinamización da lectura nas Bibliotecas integradas na Rede.
Dento das actividades de animaciòn á lectura, e para conmemorar o Día da Biblioteca , que será o vindeiro martes 24 de outubro, a Biblioteca de Burela achegará a tódolos nenos e nenas do Concello a actividade de animación “ Camiñando entre estrelas ,“ que nos propón Teatro dos GHAZAFELHOS.
A actividade está dirixida a tódolos públicos. A entrada será libre, o vindeiro sábado 21 ás 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
Pepablo Patiño e Montse Piñon creadores da compañía Teatro dos Ghazafelhos na que teñen producido infinidade de espectáculos , varios deles dirixidos ao pùblico infantil, teñen traballado en dinamización da lectura en innumerabeis campañas escolares, bibliotecas e asociaciacións. Desde o ano 2013 participan no programa de Ler Conta Moito.
A obra que nos achegan a Burela, Camiñando entre Estrelas é un contacontos que ilustra dun xeito ameno e pedagógico aformación dos planetas, estrelas, astros,… apoiado cunha pequena escenografía onde se mostran os distintos obxectos celestes e contando coa proxección de fotografías e debuxos, Pepablo convidará ao pùblico a unha viaxe polo medio do cosmos acompañado das personaxes dos seus contos: O saltón astronauta e …3,2,1 .
Ficades todos convidados, para celebrar con nós, o Día da Biblioteca , coa Cía. Teatro dos Ghazafelhos e a súa proposta “Camiñando entre estrelas”.
