Ribadeo, 21 de novembro de 2017. Hoxe déronse a coñecer as actividades que se van desenvolver o vindeiro venres, 24 de novembro, dentro da campaña #RibadeoenNegro contra a violencia de xénero. A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que os actos comezarán ás 12 do mediodía no Cantón (aínda que en caso de choiva poderían trasladarse ao pavillón vello) e neles participarán os centros educativos de Ribadeo, Acisa e todas as entidades que se adheriron a esta campaña. Haberá lecturas de mensaxes a título particular así como dun manifesto conxunto e o comité lila do IES de Ribadeo interpretará un tema de reggaeton “sumamente machista” ao que lle deron a volta para visibilizar esta problemática. Álvarez Lastra fai unha chamada á participación nesta actividade, que se presentou no miradoiro da área recreativa da Illa Pancha.
A edil nacionalista embrou que “poñemos en marcha a campaña #RibadeoenNeegro como viñemos facendo o ano pasado. O ano pasado xurdiu esta iniciativa no Concello de Santiago de Compostela. Éramos 17 Concellos, nós fomos os primeiros da provincia de Lugo que nos uníamos a esta campaña que nos parecía que tiña unha gran capacidade de sensibilización da cidadanía en xeral. Consideramos que a violencia de xénero, a violencia machista, é unha cuestión de todos e cada un de nós. Pódenos pasar a nós como mulleres, ás nosas nais, ás nosas fillas, á nosa veciña, polo tanto é unha cuestión que depende de todos e cada un dos nós. Parécenos moi interesante”.
Mari Luz Álvarez indicou que “nos parece unha campaña que ademais de sensibilizar, visibilizaba. Nós pensamos que as mulleres que morren cada día non poden ser un número máis no xornal, nos medios de comunicación, detrás delas hai familias, hai menores, e desde logo hai vidas que se desfán. Son atentados, son feminicidios, e como tales temos que visibilizalos. Para darlles ese apoio, arroupar a todas esas familias, a todas esas persoas que están sufrindo esta lacra”. E seguiu a contar que “esa implicación que como cidadáns temos que facer ver ás institucións e aos gobernos que si hai saída, que si que temos que ter un pacto de estado con respecto a esta cuestión, e que como cidadáns responsables todos e cada un de nós temos que aportar o noso grao de area”.
A concelleira de Igualdade salientou que “o éxito da campaña foi de tal calibre que se o ano pasado éramos 17 concellos, este ano somos 73 con 3 Deputacións. No noso concello estamos moi orgullosos posto que pasamos de arredor de 85 establecementos ou entidades que se sumaron a esta iniciativa, e neste 2018 xa estamos roldando 115 a día de hoxe”.
Álvarez Lastra detallou que “a campaña comeza o día 23. Non é tarde para que aquelas persoas que dubidasen ou non se enterrasen se poidan sumar a elas. Temos que tinguir Ribadeo de negro, e facemos un chamamento a toda a cidadanía individual e particularmente a que poñan non seus balcóns, nas súas casas, algún rasgo negro, unha tea, un xersei, calquera cousa en torno a estas datas, e que acudan aos actos reivindicativos que imos facer o día 24, ás doce da mañá, no Cantón dos Morenos se o tempo o permite, e senón trasladarémonos ao pavillón municipal vello. A violencia de xénero é unha lacra social moi importante, moi relevante, e polo tanto que esteamos unidos todos é fundamental”.
A edil ribadense quixo “dar as grazas, como sempre, a todas as entidades que colaboran con nós, desde a Mesa institucional de Violencia de Xénero, ao Consello Municipal das Mulleres, e como non a todos os centros educativos do noso concello sen distinción algunha que se suman sempre a todas cantas campañas de sensibilización, de visibilización, e que están apoiando e que van participar activamente o día 24 para que todo o mundo vexa o que se traballa tamén desde o ensino. Consideramos que a educación é a base fundamental para erradicar, para poder convivir en igualdade e desde logo para facer unha boa coeducación que é algo que reivindicamos e que deberá estar nas materias dos centros educativos”.
Mari Luz Álvarez engadiu que “o acto do 24 vai ser ás doce da mañá, e vai haber distintas participacións dos centros educativos que van facer distintos actos. Vai haber participacións de xente particular que fixo algún escrito e que quere participar neste acto. Vaise ler un manifesto conxunto, que se vai facer en todos os concellos de Galicia que participamos na campaña En negro. Tamén o Comité Lila do IES de Ribadeo deulle a volta a unha canción de reggaeton sumamente machista, cambioulle a letra, e están pasándoa ao resto dos centros educativos, e polo tanto van visibilizar esa actividade tamén. Ademais dunha pirámide que eles tamén idearon relacionada coa violencia de xénero para que a cidadanía vexa o escalafón desa violencia”.
A concelleira subliñou que “son unha serie de actos moi participativos e moi abertos. Fago un chamamento tamén a todas aquelas persoas que a título individual, particular ou como entidades queiran participar. Están a tempo, poden facelo, e desde logo do que se trata é de que nos impliquemos a maior parte de xente. Dar as grazas a todas as entidades, asociacións, clubs deportivos, á Escola de Música, como non podía ser doutra maneira, que van ter unha participación activa ese día. Tamén ao programa que desenvolvemos no rural Aquí como de 20, que foron os primeiros colectivos que fixeron actividades, que están colgados na rede, que se implicaron e que van participar tamén ese día nesa celebración”.






















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



