Ribadeo, 15 de novembro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, asinou esta mañá en Compostela o protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña En negro contra as violencias na que participan 63 concellos galegos e as Deputacións de Coruña, Pontevedra e Lugo. O rexedor subliñou que “as administración públicas non poden mirar cara outro lado” e lembra que o de Ribadeo foi un dos primeiros concellos en adherirse a esta iniciativa que tinguirá de negro Galicia dentro duns días.
Suárez Barcia dixo: “hoxe tocou vir a Santiago con moito orgullo e moito ánimo por ser un dos primeiros Concellos que xa hai anos botamos a andar con estas iniciativas En Negro Contra As Violencias. A día de hoxe imos asinar un novo protocolo pero ampliando o número destes concellos a 63 e coas Deputacións de Coruña, Lugo e Pontevedra, para seguir traballando nesta lacra que é a violencia de xénero, a violencia contra a muller”.
Para o alcalde de Ribadeo “é unha realidade que non podemos esquecer, nin no noso Concello nin no noso país, non podemos mirar para outro lado as administracións públicas, debemos estar implicadas, e é polo que o Concello de Ribadeo quere seguir estando onde estivo sempre nestes últimos anos”.
Fernando Suárez manifestou que “queremos loitar contra esta realidade estrutural que é a violencia de xénero, que é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres polo feito mesmo de ser mulleres. Unha desigualdade silenciada e agochada, e o que é máis grave, en moitos casos normalizada”.
O rexedor ribadense engade que “por iso hoxe estamos en Santiago para asinar un protocolo de colaboración, para a organización conxunta dunha campaña de sensibilización no marco do día internacional contra a violencia de xénero, que será o vindeiro 25 de novembro, coa denominación En Negro Contra As Violencias”.
Suárez sinalou que “nos marcamos como obxectivos fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas. Queremos tamén implicar a todo o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas. Queremos tamén identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e nas expresións verbais que están no día a día detrás da violencia de xénero, a través do uso de materiais da campaña específicos por parte da cidadanía nos establecementos comerciais e nos axentes sociais. Todo isto é o motivo da presenza miña hoxe aquí, en Santiago de Compostela”.
Desde a Concellería de Igualdade engaden que “facemos un chamamentos e convite a participar da campaña, a ser axentes activos na loita contra as violencias de xénero e a tinguir de negro o noso Concello. Queremos contar coa implicación de toda a cidadanía e de todos os sectores económicos,sociais e culturais”. Este ano a campaña vai ser do 23 ao 26 de novembro, pero esa mesma semana haberá accións de difusión para incentivar a participación. E haberá un acto o día 24 no Cantón ás 12 horas “para facermos entre todas e todos ese Ribadeo negro”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



