Lugo, 1 de decembro de 2017. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández Méndez, mantiveron un encontro este venres con alumnos do IES Ánxel Fole de Lugo que participaron na 4ª Semana Escolar da Provincia. Con esta programación, o Goberno da Deputación quixo achegar aos alumnos de Secundaria de toda a provincia a realidade e diveridade da riqueza natural da provincia con 3 Reservas da Biosfera recoñecidas pola UNESCO. Participaron de balde un total de coa participación de 9.912 rapaces de 45 centros escolares dos 67 Concellos.
Campos Conde destacou que “foron preto de 10.000 alumnos de Educación Secundaria, de 45 centros de toda a provincia os que participaron nos actos incluídos dentro desta programación, o que supuxo un aumento de 1.000 nenos con respecto a anterior edición. Con esta campaña tratamos de achegar ao profesorado e alumnado instrumentos didácticos lúdicos, diferentes e amenos que permitan valorar a importancia dos elementos da natureza nas nosas vidas e a relación co medio ambiente”.
Con esta finalidade o Goberno da Deputación editou o libro-manual Humanidade e patrimonio natural lucense, escrito por Alberto Ramos e ilustrado por Alba Millán. É un caderno de viaxe no que un grupo de científicos percorren a provincia para elaborar un mapa que reflicta a realidade do medio ambiente, facendo especial fincapé nas augas, na biodiversidade, no valor patrimonial e na importancia cultural que supoñen.
Actividades durante a Semana Escolar
A semana lectiva comezou o 27 de novembro coa pegada de carteis do programa nos centros escolares por parte dos alumnos. Nas xornadas posteriores, os participantes leron e realizaron as actividades propostas no libro-manual, escolleron unha ou varias rutas e construiron muráis con imaxes e debuxos de paisaxes lucenses habitadas. Por último, os rapaces preparon un pleno provincial co patrimonio natural e a incidencia do ser humano como tema central.
Para concluír as xornadas divulgativas, este venres tivo lugar a festa escolar da provincia, na que se inauguraron as exposicións de muráis colectivos, leron os mellores traballos individuais realizados, degustaron sobremesas típicas de produtos autóctonos da provincia, e fixeron unha representación aberta para o centro dun pleno da corporación provincial relizado por alumnas e alumnos seleccionados.
Todos os alumnos e alumnas dispuxeron do seu exemplar, prolongando, deste xeito, as posibilidades de reutilización e lectura no fogar. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do profesorado contendo pautas para utilizar o libro manual.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



