Trasbar, 19 de decembro de 2017. O pasado sábado día 16 de decembro, as Asociacións de Veciños Nª Sª de Lieiro e Burgo de Trasbar, reuníronse de novo para referendar o seu Irmandamento. Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Local social de “Burgo de Trasbar”, onde veciños de ambas as localidades, acompañados por autoridades locais, gozaron dunha agradable comida.
Tralo xantar, e logo do intercambio de agasallos entre ambas as Asociacións, tivo lugar a actuación do grupo “Sons de Celeiro”, que puxo un fantástico broche final a unha inesquecible xornada.
Con esta nova xuntanza, ambas as Asociacións, queren selar o Irmandamento firmado o 10 de xuño cando se reuniron por primeira vez en Lieiro coa idea de “facer pobo”, potenciando a convivencia entre persoas de ambas as aldeas e a realización de actividades en conxunto entre ambas as Asociacións.
Tralo xantar de Irmandamento, “Burgo de Trasbar” remota a súa actividade, e que mellor maneira de facelo que colaborando na recollida de alimentos organizada por Caritas.
Así, o día 17 de decembro, no horario habitual de apertura do seu Local social, recolléronse alimentos aportados polos veciños e veciñas de Trasbar. Seguindo as recomendacións dadas dende a Unidade Pastoral Burela-Cervo, a xente foi achegando todo tipo de alimentos non perecedeiros, pero sobre todo dos que máis se necesitan: Leite, cacao, azúcar, galletas, arroz, pasta, atún, salsa de tomate, aceite, produtos de hixiene como xel, pasta de dentes e deterxente e algún produto de nadal.
Dende o colectivo queren dar as grazas a todos aqueles que un ano máis colaboraron nesta iniciativa, e animan a participar a todos aqueles que non o fixeron xa que “a pesar de que oxalá estas cousas non fixesen falta, coa colaboración de todos, podemos conseguir que aqueles que atravesan dificultades, podan soportar mellor estas datas tan especiais”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



