Ribadeo 20-12-17. Nos últimos días tivemos acceso a un vídeo privado realizado no ano 1981, onde se pode comprobar que naquelas datas non existía nengunha porta que impedise a entrada na Illa Pancha. Tamén se pode ver con toda claridade que non había nengún marco que suxerise unha retirada temporal. Asemade pódese apreciar que están en marcha as obras do novo farito, inaugurado en 1983.
Dacordo ca lexislación vixente o peche ao público da Illa Panche debe estar sustentado por unha resolución administrativa. Dado que temos reclamado que se clarexase esta situación ao Concello de Ribadeo e mais a Autoridade Portuaria sen recibir resposta algunha, entendemos que non existe a devandita resolución. En consecuencia, calquer prohibición do acceso ao público é flagrantemente ilegal e débese repoñer a situación anterior de acceso libre. Resulta obvio que quen debe prantexar esa reposición da legalidade non debera ser un colectivo social como “Por Nuestro Faro”senon o propio Concello de Ribadeo en defensa dos intereses lexítimos e legais dos veciños e visitantes. Maiormente cando o Sr. Alcalde de Ribadeo ten manifestado dende novembro de 2016 que non se concedería a licenza de apertura para os apartamentos se a Administración Portuaria non permitía o acceso libre a Illa Pancha.
Por outra banda, dase a casualidade de que na páxina facebook dos apartamentos con data do 28 de outubro aparecen unhas imaxes onde se da conta da visita á Illa dun grupo de colexiais. Nese video pódese apreciar que os cativos estiveron arredor do farito activo, que non está incluido nos espazos concedidos pola Autoridade Potuaria á empresa que explota os apartamentos.
En resumen, estase utilizando toda a Illa Pancha para uso e explotación privada, con ánimo de lucro, con acceso restrinxido a algunhas persoas, sen relación co uso hosteleiro e sen que haxa información algunha dos permisos ou riscos que pode supoñer ese uso discriminatorio.
Entendemos que o Sr. Alcalde de Ribadeo, ademais de negarse a respostar as nosas preguntas sobre a concesión da licencia de actividade, e tamén á concelleira do PSOE, Dna. Aurora González, en dous plenos, está permitindo o uso e lucro privado dun espazo público, prohibido á gran maioría dos ribadenses e visitantes e volvéndose atrás da palabra dada anteriormente.
O colectivo “Por Nuestro Faro” vaise dirixir de novo ao Sr. Alcalde de Ribadeo e mais a Autoridade Portuaria requerindo a información pertinente para que se crarexen definitivamente os pontos anteriores.
Evaristo Lombardero, Colectivo “Por nuestro faro”






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



