Esta é a segunda ocasión na que este programa se emite dende Viveiro co fin de dar a coñecer os seus recursos principais, tanto naturais coma patrimoniais; nesta ocasión, ademais prestarase especial atención ao belén Viveiro ante o Berce. Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños a achegarse na tarde do sábado, a partir das 16:30 horas, cando comeza a grabación, á Praza Maior.