Lugo, 14 de decembro de 2017. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, informou hoxe das contradicións existentes entre os criterios do Secretario do Consorcio Provincial de Bombeiros e o Secretario da Deputación en relación ao aboamento dos cartos que foron reservados no orzamento provincial para a equiparación salarial dos bombeiros do parques comarcais. Ferreiro sinalou que “segundo informa o Secretario da Deputación, si é posible que se lles abone a parte reservada pola institución Provincial de forma extraordinaria neste final de ano” e explicou “como ben recolle o Secretario pódeselles aboar por que se trata, tamén nos orzamentos da Deputación, dunha achega extraordinaria”.
Por outra banda o Secretario do Consorcio Provincial de Bombeiros informara no seu momento que para que os bombeiros recibisen unha aportación extraordinaria era necesaria a modificación dos estatutos do propio consorcio. Para o BNG “e preciso aclarar esta contradición para que os traballadores poidan recibir uns cartos que son seus”.
Ferreiro lamentou que a Xunta segue sen cumprir coas súas obrigas e “segue discriminando aos traballadores de Lugo polo simple feito de que o PP non goberna na Deputación de Lugo” e lembrou que a Xunta non dispuxo partidas económicas para satisfacer a súa achega correspondente á equiparación salarial dos bombeiros no ano 2017. O BNG reclama que “de ser posible os cartos reservados para a equiparación salarial dos bombeiros no orzamento da Deputación se lles entreguen aos traballadores independentemente do que faga a Xunta coa parte que lle corresponde”















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



