Cervo, 14 de decembro de 2017.- O Concello de Cervo acollerá o sábado 23 de decembro, véspera de Noiteboa, o X Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu, nas modalidades de Kata e Combate, neste útimo caso na categoría adulto.
O evento foi presentado polo rexedor cervense, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Cibrao,
Xa confirmaron a súa asistencia os campións galegos de todas as categorías; así estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, os que competirán no tatami instalado para a ocasión no Pavillón da Veiga; dos cales o 80% serán representantes da Mariña.
Haberá trofeos para os tres mellores de cada unha das 9 categorías; e medallas para todos os participantes.
Cabe recordar que este curso creouse a Escola de Artes Marciais de Cervo, e a día de hoxe xa son máis de 20 os nenos do municipio que están a tomar contacto co Taijitsu.
Soto e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte marcial de orixe xaponesa, que chegou a Galicia pola Mariña vai 24 anos, da man deste mestre que é, ademais, veciño noso; e convidamos a todos a que veñan gozar desta exhibición de artes marciais na véspera de Noiteboa”.
Este campionato de Taijitsu vén completar a programación deportiva de Nadal do Concello de Cervo que arrinca este sábado coa III Canastra Solidaria. Recordamos que se poden entregar xoguetes novos na Casa da Cultura de San Ciprián, e tamén alimentos no supermercado Familia; que o mesmo día da actividade serán doados á Cruz Roja Española.
A programación comprende xogos infantís e máis sorpresas para ese día 16 de decembro, no que se desputarán dous encontros de baloncesto. O primeiro deles será a partir das 16:00 horas e será un partido de 2ª división cadete feminina entre Distribuciones Carreiras C.D. San Ciprián e o CB Ensino 03. Xa a partir das 18:00 horas será o encontro de 3ª división sénior masculino que enfrontará ao C.D. San Ciprián e ao CB Atocha.
O día 31 de decembro terá lugar a tradicional Carreira San Silvestre en San Ciprián. Os interesados xa poden inscribirse a través do teléfono 691.65.66.00, do correo sansilvestrecervo@gmail.com; ou o mesmo día 31, entre as 10:00 e as 11:00 horas
A saída está prevista para as 11:30 horas dende a Praza dos Campos; e o percorrido será duns 5 quilómetros aproximadamente.
O Concello de Cervo acollerá o 23 de decembro o X Campionato de nadal de nihon taijitsu
-
Seguinte
Este venres arrinca a campaña de nadal de Acisa que rematará coa VII festa do comercio o vindeiro 20 de xaneiro. Vanse repartir 2.000 euros en premios. Tamén este venres da comezo o reparto dos tíckets de desconto para a pista de xeo natural XL, que está instalada no parque de san francisco




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
