A edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, apuntou que a iniciativa foi todo un éxito un ano máis, xa que contou coa participación duns 150 nenos sumando as dúas xornadas; a de San Cibrao e a de Cervo. Os traballos quedarán expostos ao público ao longo de todo o Nadal na Casa da Cultura en San Ciprián, e na Casa do Concello en Cervo.
