Lugo, 4 de decembro de 2017. A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, supervisaron este luns os derradeiros traballos de montaxe do Belén Viveiro ante o Berce. Trátase dun dos beléns xigantes máis importantes de Galicia e de España, que estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, dende o 5 de decembro ata o 14 de xaneiro. Esta coidada recreación a tamaño natural do artista Jesús Atadell está composta por 90 pezas e representacións propias do belén como o Nacemento ou os Reis Magos. O Goberno da Deputación colabora co Concello de Viveiro cunha achega económica de 35.000 euros para a celebración de distintas actividades culturais durante todo o ano, co obxectivo de dinamizar económica e turísticamente este municipio da Mariña.
García Bermúdez destacou que “este Belén a tamaño natural é o máis espectacular de Galicia, cun “Nacemento” que sorprende por si mesmo polas diferentes escenas que o compoñen e por estar situado nunha contorna excepcional como é o casco histórico de Viveiro, ao carón da Igrexa de Santa María. Nel recréase con todo luxo de detalles o nacemento de Xesús e conta, como novidade, con representacións como a recepción de Herodes, animais e muíños, así como un mercado de oficios tradicionais, tales como os de ferreiro, pescador ou canteiro, propias da súa contorna.”
A Rexedora agradeceu a colaboración da Deputación e da Asociación Amigos do Casco Vello de Viveiro e remarcou que “dende o Concello retomamos a organización desta actividade fai 3 anos, pois constatamos como cada ano incrementan o número de turistas que visitan Viveiro para ver este Belén, considerado como un dos referentes do Nadal en toda Galicia. Para nós é un autentico símbolo das festas de Nadal que se converteu nun elemento turístico imprescindible co que atraer novos visitantes a toda a Comarca da Mariña”.
90 pezas a tamaño natural
O Belén de Nadal de Viveiro, que está composto por 50 figuras a tamaño natural e 40 animais, estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, ata o día 14 de xaneiro. Nel recréase con todo luxo de detalles o que podería ser a poboación onde naceu Jesús, e conta con representacións como; o Nacemento, ou os Reis Magos, e coa recreación dun mercado e de oficios como os de ferreiro, pescador, canteiro, pastor, viticultor, agricultor, tintureiro ou lavandeiras, propias da súa contorna. Como novidade, este ano haberá recreacións da recepción de Herodes; Salón de trono; animais; muíños e faros, así como o fondo do portal do Belén.
Ben de Interese Cultural
Esta composición de 90 pezas está considerada como unha das máis importantes de Galicia e destaca pola súa beleza, pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto, ademais de instalarse nun enclave histórico-monumental único, a Igrexa do Convento de San Francisco. Esta construción do século XIV, con nave única, está considerada xunto a súa contorna como un Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



