O GALP A Mariña-Ortegal desenvolverá os próximos 13 e 14 de Decembro no Concello de Ortigueira as xornadas “Mares de Oportunidades”, cuio obxetivo e o de presentar exemplos de boas prácticas no noso territorio e doutros territorios en proxectos de desenvolvemento territorial do medio mariño co fin de poder aprender deles e poder transferilos ós concellos que forman parte do Galp A Mariña-Ortegal. Tamén se pretende que sexa un punto de networking e intercambio de ideas, que os posibles promotores podan coñecerse e xerar novas ideas de proxecto. Un total de 14 relatores, algún deles premiados na última convocatoria dos premios Economía Azul da Xunta de Galicia, presentarán os seus proxectos. Consideramos que é una oportunidade única para escoitar experiencias e relatores deste interés reunidos nun único evento, polo que nos gustaría que desde o seu medio puideran contribuir á difusión das mesmas.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



