O SEVA vai organizar o III Curso de Cestería, impartido unha vez máis por Ramón Vázquez, “Moncho do Carballo”, cesteiro da parroquia de San Acisclo do Valadouro. O lugar de celebración será o local das antigas escolas de Adelán, en Alfoz. Terá lugar todos os martes, de 20,00 a 22,00 horas, comezando o martes 6 de marzo e finalizando o martes 12 de xuño, de maneira que constará de 14 sesións (non haberá o martes 1 de maio por ser festivo). Os socios do SEVA interesados en participar neste cursiño deberán abonar 45 euros, mentres que os que non sexan socios deberán abonar 55 euros. Para apuntarse ó cursiño poderán facelo chamando ou enviando unha mensaxe ó número 619389997 ou ben enviando unha mensaxe ó correo peinoster@gmail.com. Só se admitirán un máximo de 10 alumnos, polo que, unha vez completado o cupo, non se admitirán máis.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



