Barreiros, 13 de xaneiro de 2018. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros asegura que o goberno do Partido Popular “falsea ano tras ano os orzamentos. Fanse trampas ao solitario e a consecuencia é a que estamos vendo: que do que se orzamenta ao que en realidade se fai hai un abismo.”
A portavoz municipal do BNG lémbralle a Alfonso Fuente que “xa está ben de tratar de enganar a todo o mundo. Non pode estar todos os anos orzamentando e anunciando as mesmas obras, porque á vista está que non se fan nunca.”
“Concretamente, sobre as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos que anuncia nestes orzamentos; o mesmo Alcalde e o mesmo equipo de goberno anunciaban en xuño de 2016 non só que se prevían, senón o inicio dos traballos. Pódese comprobar acudindo ás hemerotecas dese día. É a desgracia que ten este goberno municipal, que é moi fácil comprobar canto e sobre que menten”, asegura Ana Ermida. “Tamén nos orzamentos do 2017 estaba previsto este investimento e podemos comprobar como quixeron enganarnos a todas as veciñas e veciños. Aínda que xa non consegue enganar a ninguén, porque todo o mundo pode ver que nestes 12 anos que leva de alcalde non se fixo nin unha soa obra relevante para este concello.”
Ana Ermida explica, ademais, que “se teñen orzamentados uns traballos e non os fan, pero os cartos gástanse igual (por iso quedan máis de 500.000 euros sen pagar que hai que pagar este ano) significa que eses cartos se están gastando noutras cousas que o goberno de Barreiros terá que explicar algún día. Xa veremos dese millón de euros dos que falan agora en canto se queda”, conclúe.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



