Lugo, 17 de xaneiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este mércores na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos, a XV Festa do Chícaro de Foz. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os vindeiros días 20 e 21 de xaneiro na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos de hostalería do municipio. O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 3.000 euros ao Concello para a celebración desta feira co obxectivo de promocionar o berberecho, un produto autóctono cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes. Durante o acto estiveron acompañados do director da Escola de Hostalería do IES de Foz, Nicolás Asensio, e membros de asociacións e veciños de Foz.
Campos Conde explicou que “dende o Executivo Provincial buscamos por en valor o marisqueo, unha actividade tradicional da costa de Lugo e un sector estratéxico que dinamiza a economía da nosa provincia e que axuda a crear novos postos de traballo, ademais de fixar poboación. Colaboramos con esta cita gastronómica, xa consolidada na mariña, co obxectivo de potenciar e dar a coñecer este produto exquisito e de primeira calidade da nosa provincia, que reunirá durante as dúas xornadas a miles de persoas e que seguro axudará a impulsar o turismo da zona e o consumo nos locais hostaleiros”.
O Presidente destacou que “o Goberno da Deputación colabora coa Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo cunha achega económica de 18.000 euros para o asesoramento e divulgación da cultura mariñán”.
Na XV Festa do Chícaro ofreceranse máis de 1.200 kg deste manxar que se poderá degustar ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. Os pratos preparados na carpa habilitada no peirao de Foz terán un prezo de 5 euros con pan incluído e as actividades completaranse con música e animacións pola rúas.
Programación da Festa
A XV Festa do Chícaro comezará o sábado 20 de xaneiro ás 12:00 horas no peirao de Foz coa inauguración e pregón a cargo do profesor galego, poeta e escritor mariñán Paco Ribas, que ten editados numerosos libros entre os que destacan Fraseoloxía do mar, Entre o ábalo e a zaranda ou De punta a chícote, que recolle o vocabulario dos veciños da mariña. Ás 12:45 horas terá lugar a apertura dos 6 stands, nas que se ofrecerán elaboracións a cargo dos alumnos do Departamento da Escola de Hostalaría do IES de Foz. Durante a xornada matinal o grupo musical Mar Aberto encargarase da animación con música tradicional e xa pola tarde, ás 19:00 horas será a quenda do grupo O Feitizo con batuka e bailes tradicionais. Ás 21:00 horas, para rematar o primeiro día de festa terá lugar a actuación da Charanga NBA. O domingo 21 de xaneiro a Festa do Chícaro continuará nos establecementos hostaleiros de Foz e dende as 12:30 ata as 15:00 horas os grupo Folklóricos e a charanga NBA animarán as rúas do municipio mariñán.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



