Para degustalo hai que reservar previamente no propio establecemento ou no 982.130.225. O menú inclúe: Mariñado de bonito e salmón con salsa teriyaki e algas; Tostas de cecina con mazá confitada e micuit de pato; Bacallao sobre base de salsa romescu con pisto de pementos; e Medallón de picaña á prancha con cruxente de queixo de tetilla afumado. Os postres son Brownie de noces con xeado de vainilla e chocolate quente e crema de requeixo con froitos do bosque. Tamén están incluidos o café e unha copa de cava. O prezo é de 30 euros por persoa.
A Viñoteca Fumarel, de Ribadeo, ofrece un menú especial San Valentín desde este mércores, día 14, ata o sábado17
- Anterior
Suárez Barcia asistiu á inauguración da nova subestación eléctrica, que está situada na parroquia de Piñeira. O Alcalde agarda que Ribadeo “acade a autonomía enerxética, que non tivo ata o de agora” e que rematen os continuos apagóns e microcortes que a localidade veu sufrindo nos últimos anos