Burela, 20 de marzo de 2018.- “O primeiro tenente de alcalde, Ramiro Fernández, xa está instalado na realidade virtual e xa está mentindo, coma o seu xefe”, afirma o Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela. Os populares fan esta valoración á vista da resposta “airada” dada sobre a absoluta falla de iniciativa e rapidez para solucionar os problemas do día a día da vida municipal. Por este motivo, en alusión á resposta, os populares indican “que cabe preguntarse se vive realmente en Burela, ou está de paso, ou é que non se entera do que pasa”, afirman.
E é que, en primeiro lugar, as fochancas da Estación levan meses, e semella que non tiveron a molestia de tapalas temporalmente cunhas cantas paladas de cemento, á espera do investimento que teñen previsto facer. A este respecto, critican que Fernández “se poña todo ufano co que van facer, cando xa tiña que estar feito, que os usuarios non comenzaron a protestar antonte”, indican.
Os populares afirman “que o Sr. Fernández non ten clara a noción do tempo, anda algo desnortado. Nós denunciamos o asunto no pleno do un febreiro e as fotos sacáronse o martes da semana pasada, xusto o día antes de emitir a nosa nota de prensa. Tivo tempo sobrado para sacalas”, sinalan.
Para o GMP, “o máis gordo das manifestacións do tenente de alcalde refírense ao alumeado público na Avda. do Perdouro”. Consideran que “está mentindo. El asegura que xa levan arregladas dous meses. O que acontece é que leva dous meses sen pasar por alí. E nós dicimos que minte descaradamente, por dúas razóns: a primeira, é que nós denunciamos os fallos deste alumeado no pleno do un de febreiro, hai mes e medio, e o alcalde contestounos que non sabía nada do asunto, co que é materialmente imposible que leve dous meses arranxado. A segunda, Sr. Fernández Rey, retrátao a Vde., que non se entera de nada: o venres pasado, día 16, estaban os elecricistas do Concello pola zona arranxando farolas; pero onte, luns, á noite, das 17 farolas que hai na beirarrúa dereita dende o límite con Foz ata a rotonda do acceso ao porto só funcionaban oito, e as outras nove están apagadas. Sr. Fermández, cóllese antes a un mentiroso ca un coxo”, aseguran.
“Sóbralle soberbia”
Desde o GMP afirman que “ao Sr. Fernández Rey sóbralle soberbia para alardear do que non fai, e fáltalle humildade para recoñecer os erros que poida cometer. Ademais, vemos que este non encaixa nada ben as críticas, pero vaille sendo hora de poñerse a traballar, ou cando menos de non mentirlle aos cidadáns”.
“Máis ocupado en ser candidato”
E é que, segundo apuntan dende o PP, “Burela non quere gobernantes que mintan”, ao tempo que denuncian que o Sr. Fernández Rey “está máis ocupado na tarefa de ser o candidato do PSOE nas próximas municipais que en resolver os problemas dos cidadáns de Burela e en cumprir os seus propios compromisos, xa que, de momento, vaille prorrogar por un ano o contrato á actual empresa concesionaria do servicio de recollida de lixo e limpeza viaria. El, que dende o minuto un dixo que tan rápido como fose posible estes servicios serían municipalizados, Sr. Fernández, onde ten Vde. a palabra?”, conclúen.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



