Ribadeo, 9 de abril de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, ven de mandarlle un escrito ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, requeríndolle novamente apoio para definir os incumprimentos da Lei de Incendios de Galicia en Ribadeo. O rexedor lembra que xa lle solicitou ese apoio o pasado 8 de febreiro e que ata o momento non houbo resposta por parte da administración galega. Suárez Barcia insiste en que os propietarios dos montes teñen ata o 31 de maio, en período voluntario, para desbrozar as súas propiedades co obxectivo de que existan unhas faixas de protección de 50 metros arredor das casas ou arredor dos núcleos rurais. De non ser así o Concello recorrerá ás multas ou ás execucións subsidiarias.
Fernando Suárez anunciou que “lle vimos de mandar esa carta ao presidente da Xunta, relativa a este traballo ímprobo, moi organizado, moi estruturado, que levamos facendo desde hai varios meses, no senso de requerirlle a moitísimos propietarios de montes que teñen que cumprir a lei autonómica de incendios forestais”.
O alcalde ribadense lembra que “tal e como marca esta lei da Xunta teñen de prazo ata o 31 de maio de cada ano, en período voluntario, para facer os desbroces necesarios para que existan unhas faixas de protección de 50 metros arredor das casas ou arredor dos núcleos rurais. No seu momento xa lle pedimos ao presidente da Xunta que nos axudase, non porque o teña que facer dunha maneira graciosa senón porque o marca a lei. Desde logo desde Ribadeo non queremos fuxir das nosas responsabilidades e sabemos que, para a prevención de incendios, tan importante é a actuación da Xunta de Galicia como a dos Concellos. No noso caso parece ser que hai unhas semanas foi moi mediático e tivo gran repercusión porque dos 313 concellos que hai no país, pois contados cos dedos dunha man son os que están intentando mandar cumprir a lei”.
O rexedor dixo que “nós non queremos ningún susto no verán, nós non queremos choros e bágoas despois para lamentarnos de que se hai un incendio o lume poida chegar ás casas porque non estaba a cumprir a lei. Teño que dicir que desde que lle mandamos inicialmente a comunicación ao presidente da Xunta, para que nos axudara tal e como marca a lei de incendios desde o punto de vista técnico e económico, o tempo vai pasando, o 31 de maio está aí ás portas, e non temos ningunha comunicación da Xunta”.
Suárez Barcia subliñou que “este apoio legal da Xunta é moi importante por canto necesitamos ao seu corpo de técnicos forestais para que nos vaian supervisando polo terreo, a pé de obra, cantas destas propiedades ao final de maio cumpriron co requerimento que nosoutros lles enviamos. Se enviamos 700 comunicacións e ao final de maio hai 300 que non cumpriron, para que os técnicos forestais da Xunta, de Medio Ambiente, nos digan quedan 300 que non cumpriron. A partir de aí o Concello si que, segundo a Lei de Incendios de Galicia, volveríalles mandar unha nova comunicación para darlles un prazo límite de 15 días. De non ser así o Concello podería instar á execución subsidiaria ou á imposición de multas coercitivas”.
O alcalde asegurou que “nós non queremos chegar a ningún extremo deses. Nin queremos poñer ningunha multa coercitiva nin queremos facer ningunha execución subsidiaria, pero se os propietarios non nos fan caso chegaremos aí e a onde faga falta. O que queremos é a colaboración, tal e como marca a Lei de Incendios de Galicia, do propio goberno galego. Polo que se ve igual está pensando noutras cousas, pero non tivo comunicación con nós, máis que unha breve comunicación dicíndome que ese asunto llo pasaban á Consellería do Medio Rural, pero nunca máis soubemos nada”.
Fernando Suárez engadiu que “quero dicilo en tempo e forma oportuno, é certo que aínda non estamos a 31 de maio, pero cada vez queda menos tempo e logo non queremos tensións nin problemas, sobre todo cando estamos invocando á lei vixente que leva máis de dez anos, e é unha lei galega que ten a obriga de cumprila o goberno galego”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



