A Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá dous concertos este venres, día 6, ás 10:00 horas no CEIP Virxe do Carme, e ás 12:15 h. no CEIP Fondo Nois. As actuacións correrán a cargo das orquestras infantil e xuvenil de corda da Escola Municipal de Música. O seu director, Xan Carballal, explica que “ditos concertos, de carácter didáctico, teñen como obxectivo achegar aos alumnos destes centros o traballo musical que realizan as distintas agrupacións da Escola de Música. Para isto utilizan un repertorio axeitado que comprende obras de distintos autores da época barroca, como son Haëndel e Biber, e tamén obras interpretadas pola orquestra infantil de carácter popular”.
O 6 de abril haberá concertos das Orquestras infantil e xuvenil da Escola municipal de música de Burela nos CEIP Virxe do Carme e Fondo Nois
O 6 de abril haberá concertos das Orquestras infantil e xuvenil da Escola municipal de música de Burela nos CEIP Virxe do Carme e Fondo Nois
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo