A PONTENOVA, 12 de abril de 2018.- O PP de A Pontenova matiza que deu o visto e prace ao Orzamento porque “todo o que supoña un aumento de inversión, sempre contará co noso apoio, veña do Partido que veña, pois o que realmente nos interesa como Partido é buscar as fórmulas máis positivas para que se poidan facer obras e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.
A postura dos populares, é por tanto, segundo indica o voceiro David Álvarez, “construtiva e en aras de buscar o mellor para o noso concello”. Co apoio do PP, demostran os populares, “que estamos á altura das circunstancias e que somos capaces de priorizar os intereses dos veciños por riba dos partidistas”.
Con todo, dende o PP, advirte David Álvarez, velarán para que se cumpran todas as actuacións que inclúe o Presuposto. “Estararemos expectantes e vixiantes e faremos unha intensa labor de seguemento para que o grado execución sexa o correcto e o Goberno local actúe con responsabilidade”.