Ribadeo, 24 de abril de 2018. O Partido Popular de Ribadeo critica ao goberno municipal por non actuar para evitar o perigo que supón unha vivenda en ruínas propiedade do Concello que está no casco vello, concretamente na rúa Bispo Veres, despois de que os seus donos renunciaran á súa propiedade. O portavoz, Jesús López Penabad, considera que o equipo de goberno local debería dar exemplo do que está esixindo a particulares para a rehabilitación de inmobles no núcleo urbano.
Jesús López Penabad manifestou: “desde o Partido Popular queremos denunciar outra vez a distinta vara de medir que usa o alcalde para as actuacións que fai no Concello de Ribadeo, porque hai unha vivenda no casco antigo de Ribadeo, preto da Atalaia, que renunciaron os donos á súa propiedade polo estado de ruína no que estaba e que entón pasou a ser do Concello, que a sacou a subasta pero ninguén puxou por ela. Entón agora é propiedade do Concello e ese inmoble segue en ruínas. Parece lóxico que se se fixo coa propiedade que a adecente, xa non digo amañala toda pero o que debe facer o Concello é dar exemplo do que está esixindo aos propietarios particulares que teñen inmobles na mesma situación que este”.
O voceiro do PP ribadense engadiu: “creo que é outro exemplo máis do rodillo que aplica este señor e que para eles non se aplican as mesmas normas. Eu creo que o primeiro que ten que aplicarse as normas é o propio Concello porque entre outras cousas ten que dar exemplo; e iso é o que non se fai neste Concello de Ribadeo, é o que non fai o alcalde, Fernando Suárez, e o seu equipo de goberno”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



