A Pontenova, 18 de abril de 2018.- O Tenente de Alcalde da Pontenova, o socialista Francisco Martínez Bermúdez, destacou este mércores que “dende o PSOE, como partido que representa aos veciños e defende sempre os intereses veciñais por riba de todo, conseguimos frear o intento do PP de subir os impostos polo lixo aos pontenoveses ao tempo que cumprimos rigorosamente a lei”.
Martínez Bermúdez explicou que “o Partido Popular dende a Xunta de Galicia e co beneplácito de todos os seus compañeiros do PP, impuxo, unilateralmente, a todos os Concellos unha suba do 34% no canon polo tratamento do lixo, o coñecido taxazo de SOGAMA. Dende o PSOE, nunca estivemos de acordo con este inxustificada, inxusta e desproporcionada suba, pois supón un novo hachazo do PP aos Concellos, ás entidades locais máis próximas aos cidadáns, ás que menos recursos económicos teñen e ás que verdadeiramente atenden e coñecen as necesidades dos veciños”.
Na Pontenova, o taxazo de SOGAMA que impuxo o PP conleva que o Concello pasase de ter a obriga de pagar 1.000 euros mensuais polo tratamento do lixo a aboar agora 6.000; uns 84.000 euros ao ano.
“Realizamos todos e cada un dos pagos, non tendo débeda algunha. E fixémolo sen que isto repercutise directamente no peto dos nosos veciños, que non pagan nin un só euro máis polo servizo municipal de recollida de lixo. Pagámolo con fondos locais. Polo tanto, o PSOE da Pontenova cumpre a lei pero consegue boicotear o intento do PP de asfixiar aínda máis aos nosos veciños coa suba de impostos e de culpar disto, por riba, aos Concellos co único obxectivo de limparse as mans”.
Mentres o PP na Xunta de Galicia quixo que os Concellos paguen 80 euros por cada tonelada enviada a SOGAMA en Asturias os municipios pagan 18 euros/tonelada. “Algunha explicación debería dar ao respecto o PP, pois dende do PSOE só entendemos isto como un novo intento dos populares de asfixiar aos veciños e ás entidades locais, coma sempre fan. E logo temos que escoitar a Feijóo como pide aos Concellos que baixe os impostos, que el mesmo sobe xunto co seu compañeiro Rajoy, como vimos co catastrazo. Leccións ningunha”.
“Estamos orgullosos de defender aos veciños dos abusos do PP, o que sempre fixemos e faremos; e de sanear ao mesmo tempo as contas municipais. O PP deixou unha débeda financeira na Pontenova de 1,7 millón de euros, que os socialistas, aínda todos os novos gravames e trabas que impuxo o PP dende a Xunta ou o Goberno Central, reducimos aos 400.000 euros”
“Ademais, pagamos ao día aos provedores, pois temos un prazo medio de pago de facturas moi inferior ao que fixa a lei. Temos liquidez e non deixamos de facer investimentos e melloras nos servizos públicos municipais que ofrecemos aos veciños. E sen ningunha axuda do PP dende a Xunta e o Goberno Central, aínda ser as principais administración no país, ás que xestionan os maiores orzamentos con fondos públicos de todos os veciños, tamén, por suposto, dos da Pontenova”.


















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



