A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, considera “de enorme importancia non só os coñecementos que coa xeoruta aprenden, senón tamén os valores e actitudes de respecto e coidado do noso patrimonio natural; por iso na medida das nosas posibilidades seguiremos apoiando e fomentando este tipo de actividades”.