Este Venres 27 ás 12.30h. terá lugar, no salón de plenos da sede do Concello de Burela, a presentación aos medios de comunicación da XXV edición das Xornadas Técnicas Expomar 2018, así como de la XIX eidición do Encontro Empresarial de Organizaccións Pesqueiras Expomar 2018 que se celebrarán en Burela os vindeiros días 3 e 4 de Maio. Neste acto estará presente o Presidente da Fundación Expomar, Sr.D. Alfredo Llano García, acompañado do Xefe trerritorial da Consellería do Mar , D. Pablo Fernández Asensio, e o restos dos/as menbros/as do Padroado e do Comite Executivo de Expomar 2018.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



