Ribadeo, 2 de maio de 2018. O Partido Popular de Ribadeo fai públicas as queixas veciñais pola existencia dunha finca chea de maleza de grandes dimensións no casco histórico, a carón da gardería infantil e detrás do edificio de Aduanas e da Casa do Concello. O portavoz do PP ribadense, Jesús López Penabad, subliña que ese terreo leva así moito tempo e que supón un perigo pola propia maleza e polas ratas, serpes e outros animais que alí se xuntan sen que se adopten medidas por parte do Concello.
O voceiro popular no Concello de Ribadeo manifestou: “desde o Partido Popular reiteramos unha queixa que nos fan chegar os veciños. Últimamente estamos vendo que o alcalde di, supoñemos que con acerto, que as zonas ao lado de núcleos rurais deben estar limpas para evitar incendios. Pero parece mentira que unha finca que hai ao lado da gardería infantil de Ribadeo, detrás de Aduanas e da Casa do Concello está nunha situación lamentable. Hai incluso árbores xa e unha maleza enorme. Hai queixas veciñais constantemente, que a nosoutros tamén nolas fan chegar; e de aí esta denuncia”.
Jesús López pregúntase “que pasa con esa finca. Está no casco urbano de Ribadeo, denúnciase en varias ocasións e non fan absolutamente nada. É un perigo non só pola maleza senón pola cantidade de ratas, serpentes e demais bichos que se xuntan alí. Hai vivendas todo arredor, hai unha gardería infantil pegada a esa finca e non se toma medida algunha. Que pasa coa vara de medir do equipo de goberno de Ribadeo, segue sendo para uns dunha maneira e para outros doutra? Isto clama ao ceo”.
O portavoz do PP ribadense rematou dicindo: “pedimos e rogamos, nosoutros e os veciños da zona, que o goberno municipal tome medidas para que se limpe esa finca porque está nunha situación máis que lamentable”.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



