Lugo. 11, maio, 2018. A necesidade de acadar un pacto social e político pola Educación foi unha das conclusións que se extraen das intervencións dos ponentes na xornada organizada pola Comisión Provincial de Educación, e que se desenvolveu este venres no Hotel Méndez Núñez.
Precisamente, o titular autonómico nesta materia, Román Rodríguez, expuxo que a “Educación é e debe ser un elemento diferenciador, pois, tal e como dixo o presidente da Xunta de Galicia na Convención Nacional de Educación, o que diferencia a unha persoa doutra non é o que ten, senón o que sabe”; constituíndose, por tanto, como “o mellor dos investimentos de futuro”.
A este respecto, matizou que estamos ante “a maior oportunidade histórica nestes 40 anos da democracia para conseguir este Pacto”, tal e como tamén explicaron os outros dous intervintes: o voceiro de Educación no Parlamento de Galicia, César Fernández Gil, e o exdeputado na Cámara Galega, Víctor Vázquez Portomeñe.
A este respecto, criticaron aos que poñen en tela de xuízo este acordo estatal, como poden ser PSOE, Unidos Podemos, ERC, ou mesmo o PNV. Para os tres conferenciantes non se entende que uns que se “descabalgan” das negociacións impidan que España e Galicia poidan lograr este desexado Pacto que outorgue a estabilidade necesaria ao sistema educativo.
A este respecto, aludiron a como nos últimos días determinadas forzas sindicais e partidos saían á rúa pedindo melloras, cando son estas mesmas organizacións as que se negan a calquera mellora do sistema, xa que, do contrario, non terían abandonado a subcomisión para o Pacto Educativo.
Deste xeito, avogaron, como tamén o fixo a presidenta Provincial, durante a clausura, a abandonar a confrontación e voltar ao diálogo, pois a calidade e equidade do sistema é, segundo apuntou Candia, “a Educación en maiúsculas”; o e que, en palabras do conselleiro, “son resultado de anos de xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos, e que están a permitir que hoxe teñamos un investimento por alumnos dos maiores do Estado, con 8.140 euros”.
Precisamente, nesta liña, o exdeputado Portomeñe sinalou que en Galicia “fomos construíndo un modelo de calidade, equitativo e garante da igualdade de oportunidades”; un camiño que se continúa coa Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, onde se acordou garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida.
A Educación na provincia
Como resultado deste traballo, o conselleiro destacou que, na provincia de Lugo, tamén se levou a cabo un investimento importante na mellora de centros de educativos, e que se resumen nos seguintes datos:
• CENTROS EDUCATIVOS NON UNIVERSITARIOS LUGO
52 (7 centros Edixgal e 8 plurilingües)
Investimento 2009-2018: 16,87 M€
Actuacións máis importantes:
o Reforma e ampliación do CIFP As Mercedes. 5,8 M€. Obra rematada en se-tembro 2017.
o Ampliación CEIP As Mercedes. Rematada: 411.781 €. Visita cursada en de-cembro.
o CEIP Rosalía de Castro. Eficiencia enerxética. En uso desde xaneiro de 2017. 430.003 €.
Ano 2018:
• Novo CEIP Sagrado Corazón… 4 M€
Adxudicado o proxecto de construción en abril.
Asinado o contrato de redacción do proxecto o 04/05/2018.
Licitación: último trimestre de 2018-primeiro trimestre do 2019.
• IES Sanxillao… 300.000€
Pendente de redactar o proxecto para a ampliación do centro para ciclos de cociña.
Licitación: previsible para finais de ano.
• Obras de eficiencia enerxética 2018 provincia de Lugo:
CEIP Veleiro-Docampo de Castro de Rei -obra licitada en marzo por 374.200 mil €-
e CEP Luís Tobío de Viveiro, licitado en marzo, 487.508 €. Prevese exe-cutar a obra en verán).
• COMEDORES ESCOLARES
Este curso é o 1º no que a Xunta asina convenio de colaboración co concello.
Preto do 80% dos comensais (total: 1.075) pagan de 0 a 1 € .
• CAMPUS TERRA E HOSPITAL VETERINARIO
• Co Campus Terra: Lugo referente no campo da ciencia veterinaria en Galicia, España e Europa. Máis de 2,3 M€ de investimento ata o momento:
o Elaboración Plan Estratéxico. 120.000€ (2013)
o Convenio Campus Terra. 1.365.700€ (2015 e 2016)
o Plan actuación 2017-2019 do Campus Terra
820.000€ (2017)
Achegas 2018 e 2019, pendentes de concreta
• Cebiovet (Centro de Biomedicina e Veterinaria): motor de investigación e innovación no Campus de Lugo no eido da saúde animal. Máis de 3,6 M€.
• Hospital Veterinario: remodelación das instalacións: preto de 900 mil€. (CCEOU: 375 mil€). Obra rematada en febreiro 2018.
• OFERTA NOVAS TITULACIÓNS 2018/2019
• A Escola Politécnica de Lugo comezará a impartir no vindeiro curso 2018/2019 dúas novas titulacións:
Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados
Primeiro Grao Oficial Interuniversitario de Paisaxe
• CICLOS FORMATIVOS
• Centros especializados na provincia nas familias de Agraria, Medio Natural e Industria Alimentaria (en Castro de Rei, Mondoñedo, Becerreá e Lugo)
• 2 CIFPS na provincia: o Politécnico das Mercedes en Lugo e o Porta da Auga de Riba-deo.
• CIFP As Mercedes se está a impartir o primeiro ciclo de Mantemento Aeromecánico de toda Galicia (implantouse no 2016/2017, este é o segundo curso). Este foi dos 6 centros que estiveron presentes con proxectos tecnolóxicos en FP Innova. Os outros 5: CIFP Po-litécnico de Lugo, IES Sanxillao, IES San Rosendo de Mondoñedo, IES María Sarmiento de Viveiro e IES Lois Peña Novo de Vilalba.
• IES Val do Asma (Chantada), no que se implantan 3 proxectos de FP Dual: Administra-ción e Finanzas, Axencias de viaxes e xestión de eventos e Desenvolvemento de aplica-cións web.
• IES de Foz: implantan 1 proxecto de FP Dual (dobre titulación): Dirección de servizos de restauración/ Dirección de cociña.
• IES Sanxillao (Lugo): implanta 1 proxecto FP Dual: Cociña e gastronomía.
• IES Muralla Romana (Lugo): implanta 1 proxecto de FP Dual: Estética integral e benestar
• IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo): 1 proxecto de FP Dual: Aproveitamento e conservación do medio natural.
• IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemo): Educación infantil en ordinario
• CIFP Porta da Auga (Ribadeo): 1 proxecto de FP Dual: Electromecánica de maquinaria
• IES Lois Peña Novo (Vilalba): Atención a persoas en situación de dependencia.
Ademais, levaranse a cabo novos convenios entre a CCEOU, Concello de Mondoñedo e a empresa EROM para a implantación do Ciclo Superior de Enerxías Renovables no CIFP As Mercedes de Lugo e co grupo HOTUSA para os 3 ciclos de Chantada e o ciclo de dobre titulación de Foz
En clave autonómica
Galicia ten a taxa de abandono educativo máis baixa de toda a historia: 14,9% (INE); o sistema máis equitativo do Estado, e un dos que máis da OCDE, e o nivel de inclusión de alumnos con NEE máis alto de España: o 91,9% dos alumnos con NEE están integrados en centros ordinarios.
Os últimos datos PISA constatan un avance notorio en Lectura, Matemáticas e Ciencias, por riba da media española e da OCDE e están en marcha 2 relevantes plans para preparar ao alumnado ante os retos do futuro: o dominio de linguas e as destrezas científico-tecnolóxicas, dotados con 70 e 50 millóns, respectivamente.
Outros indicadores destacados é que a Comunidade alberga a ratio profesor/alumno máis baixa de España: 1 profesor cada 10,5 alumnos. (España: 12,7); a maior oferta de emprego público dos últimos anos: 2.050 para este 2018 ou que somos a Comunidade que máis inviste en transporte escolar e con maior número de alumnos beneficiarios.


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



