Viveiro a 30 de maio de 2018. Antonio J. Bouza Rodil , en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno :
O PP de Viveiro temos denunciado en numerosas ocasións a pouca atención que se lle presta á conservación e mantemento dun espacio tan singular como é a area etnográfica da Insua. Un espacio que é un polo de atracción turística de primeiro nivel, dadas as súas magníficas vistas e os restos do antiguo cargadoiro que nela se poden ver e visitar.
É un espacio que soe estar sucio e con abundante presencia de maleza, tal e como acontece unha vez máis e así se pode comprobar si un se achega a visitalo.
Dende o noso grupo pensamos que un concello turístico como é o noso, debería de ter coidado coa máxima pulcritude estos puntos susceptibles de ser visitados tanto por veciños como por foráneos, e máxime cando nos encontramos as portas dunha nova campaña veraniega que soe ser unha época con forte presencia de turistas que deberían de levarse a mellor imaxe posible do noso concello. Agardamos que non esperen a limpala cando remate a época estival, non vaian a facer como o ano pasado cando se puxeron a limpar esta area en abril unha vez xa rematada a Semana Santa, a pesares de que a prinicipios do mes de marzo xa llelo advertiramos dende a nosa formación. Sin dúbida foi un “magnífico” exemplo da súa xestión.
Si a area se atopa en mal estado, outro tanto podemos decir da pista que dende o barrio do Porto da acceso á mesma, resultando intransitable ó estar chea de fochancas considerables e que xa ten provocado numerosas queixas dos veciños desta zona, sin que ata o momento se lles teña dado solución algunha.
Por estes motivos lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que a maior brevidade posible se proceda a limpeza e adecuación deste espacio para que poida ser visitado e admirado en todo o seu esplendor, asi como que se arregle o desastre de pista pola que hai que acceder.
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Partido Popular de Viveiro