Viveiro 5-6-18. O domingo celebrouse na localidade de Ribeira (A Coruña) o Campionato Galego de Media Maratón, tomando a salida ás 10 da mañá na parroquia de Aguiño preto de 250 atletas. A proba discurreu sobre un circuíto con constantes subidas e baixadas pola veira do mar co vento dificultando o avance dos atletas.
O club Egovarros estivo representado nesa proba por 14 atletas, acadando 3 medallas de ouro, 2 de prata e 1 de bronce e a medalla de bronce por equipos na categoría feminina. Os medallistas foron: no apartado feminino: Isabel Brea fíxose co campeonato galego na categoría de W65 e a súa compañeira Elisa Paz tamén se proclanmou campeona galega en W55, sendo subcampeona da mesma categoría a súa compañeira Manuela Guisasola e na categoría de W40, Silvia Díez acadou a medalla de bronce; no apartado masculino: Emilio Martínez foi campeón galego en M55 cun tempo de 1 hora 22 minutos e 53 segundos e o seu compañeiro Domingo Álvarez acadou o subcampeonato na categoría de M65. Outros compoñentes do club como Jose Luis Meizoso rematou sexto na categoría de M60, Luis Miguel García sétimo en M60, Juan Menendez foi sétimo en M55. Pola súa banda Roberto Collazo e Ruben Vila tamén realizaron unha gran carreira, lamentando a retirada de Roberto Pico e Maria Luísa García durante a proba.
