Os cambios que necesariamente se teñen que producir logo do relevo de goberno, non poden ser soamente estéticos e electoralistas, tentación segura do PSOE, cómpre iniciar reformas serias da configuración territorial e da Constitución.
Neste debate, veuse ás claras as capacidades de: forza, influenza e firmeza dos distintos partidos nacionalistas, soberanístas e incluso rexionalistas. Dende Nueva Canarias, UPN ata a decisoria posición do EAJ-PNV.
É certo que o bipartidismo xa dependeu de estas posicións outras veces e tamén é certo que a arquitectura política actual do Estado segue a depender dos mesmos. Hoxe non existe un bipartidismo claro, pero segue existindo unha sorte de dous bloques, ó final as consecuencias son as mesmas. Pero con un perigo a maiores, un dos axentes implicados é nacionalismo ración español, unha seria ameaza para a pluralidade, xa non de España, tamén de Europa, o discurso fascista de Cs mete medo.
O triste é que nesta configuración, Galicia non pinta nada, ata o punto que teñen máis peso no debate parlamentar Asturias e Navarra, por non falar das referencias claras a Andalucía. O secuestro do Galeguismo feito polo PP está a custar caro o noso País. E a disolución de En Marea dentro de Podemos xa nin vos conto.
Non entender esa realidade por parte dos galegos é torpe e ademais custanos moita calidade de vida. Galicia hoxe ten problemas que se poden resolver dende unha posición de presión no estado, como fai o PNV.
Chegados aquí moitos pensaran que o BNG fixo ese papel, non é certo, o nacionalismo excluínte galego, non é unha ferramenta ó servizo da xente e da Terra, como si o é o PNV e o demostra. O BNG é unha ferramenta a servizo da UPG e da súa entelequia de País, irreal e imposible, as alforxas son tan pesadas que non poden, nun momento dado, pactar co PP ou mesmo con outros por moi bo que sexa para Galicia.
Esta xurdindo un debate de unha coalición de partidos galegos cara unha hipotéticas xerais, como din os maiores: “mamaiña o tren e a vaca na vía”… é unha cuestión romántica, sí, mais de todo irresponsable, que axentes conformarían esa coalición: En Marea co seu egocentrismo, dependencia de Podemos e o comunismo de IU? O BNG e as súas mochilas adoctrinantes? A extinta Coalición Galega? A municipalista e falta de estrutura TEGA? CxG? Non enganemos á xente. As forzas de Euskadi non están coligadas, e a cataláns no Congreso tampouco. Pode existir unha certa unidade de acción, concordo, mais se eu vou a Coruña e ti a Lugo so podemos facer un tramo do camiño xuntos.
Galicia ten camiño, ten unha forza que traballa co PNV, é Compromiso por Galicia. Agora toca que a xente acredite e poñamos a Galicia no debate do Estado.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.