Burela, 1 de xuño de 2018. A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela, a través do Programa de Inmigrantes, organiza un curso formativo para axudar a acadar un bo grao de integración da poboación inmigrante residente na localidade. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social e polo Fondo Social Europeo.
Segundo explica Angélica Gómez “trátase dun curso de coidados básicos para atención a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas sobre as habilidades e competencias necesarias para o benestar infantil, promocionar hábitos e rutinas saudables para os mesmos, así como fomentar relacións socio familiares estables e axeitadas”.
Terá unha duración de 50 horas e será impartido do 7 ao 25 de xuño no Concello de Burela. As persoas interesadas en acudir poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.