Mondoñedo, 30 de xuño do 2018. A Asociación “Afectados polas louseiras do Val do Río Baos” manifestamos con esta concentración a nosa protesta pola situación de atropelo dos nosos dereitos e a indefensión que sentimos polo abandono de todos os que teñen poder de tomar decisións para defendernos.
Constituímonos en Asociación precisamente para defender os dereitos dos veciños sobre as súas propiedades privadas, para defender o equilibrio ecolóxico do Río Baos garantindo a saúde e benestar dos poboadores de todo o seu val ata o mar, para promover o desenvolvemento sostible no rural asegurando a calidade de vida tamén dos nosos fillos e fillas e para velar polo cumprimento da normativa que foi aprobada para protexer cada un deses dereitos.
A empresa Pizarras Veira do Río S.L. (PIVERI), que explota as louseiras en Lindín e Santa María Maior, non é coma calquera outra que se teña que ater a normas e a leis? Non é coma calquera outra que se teña que manexar no espazo da súa propiedade? Non é coma calquera outra que teña que respectar as propiedades dos demais?
A empresa PIVERI pode esnaquizar camiños e estradas circulando coa maquinaria pesada por elas? Pode cortalas impedindo o paso de vehículos, gando e maquinaria agrícola? Verter os lodos aos regatos e ao Río Baos? Amorear montañas de escombro nas beiras das pistas? Invadir as fincas privadas dos veciños? E tamén pode expropiar hectáreas de terras coa axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria sen ter que pagar despois o xustiprezo que estipula un tribunal?
Todo iso puido facelo ate o de agora porque ninguén lle puxo a lei por diante para frear os atropelos. Os veciños, de xeito individual e a Asociación de Afectados como colectivo, presentamos os informes e denuncias pertinentes en todos os organismos … porque vivimos aquí e queremos seguir vivindo. Porque tamén vivimos disto e queremos seguir vivindo e que poidan facelo os nosos fillos. Porque entendemos que explotar a lousa non é arrasar con todo, esnaquizar todo, nunca se fixo así. Aquí non!
E a situación empeora non mellora, hai proxectos para seguir facendo o mesmo e do mesmo xeito. As autoridades din que hai sancións, precintados e paralizacións pero a realidade é que a empresa sigue coa mesma actividade, non se ve ningún arranxo da desfeita.
Dende o goberno municipal, asegúrasenos que se media coa empresa pero desatende os requirimentos de organismos coma o SEPRONA para que aplique a lei que lle compete.
A empresa PIVERI vende a lousa sen ter que pararse en medidas de protección e coidado pero non paga a ninguén. TODO SON GANANCIAS e as administracións cos seus correspondentes persoeiros TODOS SON RESPONSABLES.
Pero temos que destacar e agradecer a quen si nos atendeu, dende o primeiro momento: ao Sindicato Labrego Galego, aos partidos na oposición do Concello de Mondoñedo, PSOE e BNG, ao grupo local de En Marea, aos deputados no parlamento galego que levaron a nosa voz alí onde nos representan, onde os que gobernan, non teñen máis remedio que oír; e ao representante de En Marea no Congreso dos deputados que levou ata Madrid ás nosas queixas e demandas presionando para obter respostas ás preguntas que nos faciamos. Todos eles … todos vos, puxestes o voso esforzo pero sobre todo o voso interese coma se a situación vos afectase persoalmente … coma se o desastre destas louseiras fose cousa de todos, FIXÉSTELA A CAUSA POLA QUE LOITAR. E tamén a todos os presentes que entendedes que si importa apoiar nesta loita, que si importa o noso medio e as nosas aldeas, que as louseiras tamén teñen que aterse ás leis, que estes pedregais que vedes nos carteis non é o mundo que queremos. Grazas, MOITAS GRAZAS.
Por último mostrar a nosa solidariedade e apoio aos traballadores que hoxe nos acompañan na concentración e se atopan, debido ás condicións laborais da empresa PIVERI, nunha situación similar á nosa.
OS VECIÑOS QUEREMOS
TRABALLAR AS NOSAS TERRAS
E VIVIR NAS NOSAS CASAS
OS NOSOS FILLOS E FILLAS TAMÉN QUEREN UN FUTURO AQUÍ






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



