Foz, 16 de xuño de 2017.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o Vicesecretario Xeral do PSOE en Foz, Francisco Cajoto, e o voceiro municipal socialista, Chema Linares, xunto a outros compañeiros do partido, mantiveron este sábado encontros cos veciños deste Concello mariñán para coñecer o grao de satisfacción das actuacións por valor de máis de 2 millóns de euros que os socialistas levaron a Foz, sendo as principais e practicamente as únicas iniciativas públicas coas que contaron os case 10.000 focenses.
Santos Ramos explicou que “os socialistas dende o Goberno Provincial achegamos aos veciños de Foz máis de 2 millóns dos seus fondos públicos na Deputación para tentar mellorar a súa calidade pública, acondicionando as infraestruturas e dotacións públicas, ofrecéndolles servizos sociais e novos empregos, así como actividades que dinamizan social e economicamente o Concello. Estes fondos permitiron o financiamento de máis de 30 obras, de 8.000 horas de atención profesional co Servizo a Domicilio a non dependentes que reciben ducias de maiores e que se engaden aos 35 que contan co servizo de Teleasistencia gratuíta provincial, ademais da celebración dunhas 30 iniciativas en impulso do turismo, do deporte e da cultura. Somos os socialistas os que ofrecemos aos veciños de Foz as principais e practicamente as únicas iniciativas públicas no seu Concello, facendo que o público repercuta no público”.
Neste senso, Cajoto destacou que “os investimentos que traemos os socialistas ao Concello de Foz son reais e repercuten directamente no día a día dos nosos veciños a diferenza do que fai o Partido Popular, que non ofrece ningún novo investimento público real aos nosos veciños nin dende o Concello nin dende a Xunta. O único proxecto que anunciaron para Foz é a dotación dunha depuradora que está sen executar”.
1,6 millóns en melloras de infraestruturas e dotacións públicas
Santos Ramos e Cajoto fixeron estas declaracións durante unha visita aos parques municipais en Conde de Fontao e Campo da Cabana, totalmente renovados con máis de 200.000 euros que achegou o Goberno Provincial Socialista na Deputación. O parque de Conde Fontao está situado no muelle grande, nunha das beiras do peirao. Conta con moita afluencia de cativos por estar situado ao carón dunha das zonas hosteleiras máis importantes do Concello. Dotouse de novo solo e equipamento, como tobogáns ou bambán. Tamén ten máis equipamento o parque no Campo da Cabana, moi empregado ao situarse nunha das prazas máis emblemáticas do municipio e estar rodeado de máis dotacións deportivas, como pistas ou cachas de baloncesto.
Estes fondos engádense aos 700.000 euros que tamén levou o Executivo do PSOE na Deputación para humanizar e reordenar o tráfico na Avenida Álvaro Cunqueiro; aos 253.000 para o acondicionamento de ducias de accesos do rural en zonas como San Acisclo, Vilaronte, Ribela en Cagas, no barrio de Escanlar, Fazouro, Córdido ou Torres, entre outros; aos 200.000 euros para mellorar instalacións deportivas como o estadio Martínez Otero; aos case 115.000 para arranxar estradas como a LU-P-2010 de Bao a Ver ou a LU-P-2009 de Peirao de Foz a Bispo Santo por Marzán; aos preto de 100.000 euros para novo alumeado público nas rúas Illanova e Avenida Breogán, e no campo de fútbol; e aos 90.000 euros para a compra de terreos do Castro de Engrobas.
Fomento dos servizos sociais e do emprego con máis de 200.000 euros
O PSOE financia con máis de 40.000 euros dende o Executivo Provincial unhas 8.000 horas de atención profesional a maiores de Foz a través do Servizo a Domicilio para non dependentes, ao igual que ofrece e asume o servizo de Teleasistencia gratuíta que reciben outros 35 focenses. Os socialistas xeraron en Foz uns 10 novos postos de traballo con programacións como o Ben Emprego e DepuEmprego, achegando para elo 160.000 euros para asumir os custos laborais destes profesionais. Estes traballadores están, ademais, a reforzar a actividade de colectivos sociais e entidades de Foz, así como contribuíndo á prestación de servizos públicos municipais.
Preto de 230.000 euros para actividades turísticas, culturais e deportivas
Para impulsar a económica local e a vida social, os socialistas achegaron case 230.000 euros, que permitiron a celebración dunhas 30 citas como a Festa do Berberecho, o Concurso Internacional de Baristas, a Travesía Ría de Foz, o Festival Voces Xóvenes “A Capela”, entre outras actividades turísticas, culturais e deportivas, convertendo á Deputación na maioría dos casos na principal ou única patrocinadora.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



