Viveiro 2-7-18. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado venres, 21 de xuño, a Audiencia Provincial de Iruña acordou pór en liberdade aos cinco agresores (violadores), autodenominados “A Manada”, condenados por ter sometido a unha moza de 18 anos a reiterados actos sexuais, por parte de todos eles, en contra da súa vontade e facendo uso da súa condición de superioridade: numérica, física e de idade, durante os Sanfermíns de 2016.
Estes feitos foron cualificados xuridicamente como abusos sexuais por parte do mentado tribunal que lle levou a condenar a 9 anos de prisión aos acusados. Que vén de completarse coa decisión de non prorrogarlles a prisión preventiva ante a gravidade do sucedido, polo que dende o venres 22 de xuño están na rúa. O tribunal emprega argumentacións difíciles de entender por parte da sociedade en xeral como se ten demostrado na rúa, e polo movemento feminista, en concreto.
É coñecido e notorio que A Manada non ten amosado o máis mínimo arrepentimento pola
súa aborrecida pero habitual práctica. De feito, os cinco teñen defendido publicamente o seu desprezo pola vítima e sitúan o acontecido nun plano de normalización, elevando o sucedido a consentimento, a pesar de que ninguén o entende.
E como reacciona o Tribunal? Acordando que aos agresores deben manterse a 500 km de
distancia da vítima. En definitiva, coa súa decisión, os maxistrados confinan á moza nunha suposta furna de cristal, e permite a libre deambulación dos condenados por todas partes do territorio que consideren. Nesta situación, cabería preguntarse, pois logo, quen é o condenado: a vítima ou os seus agresores?
Non está demais lembrar que as Corporacións municipais son a expresión do mandato
cidadá, e á marxe quedaríamos da sociedade se non recollemos o clamor da rúa, o pensar e sentir de miles de mulleres e homes, ante a inxusta resolución a esta situación tan grave, que vai contra a liberdade de máis do 50% da poboación deste Estado: as mulleres.
Non só apoiamos todas as mobilizacións convocadas; rubricamos todos os manifestos e
colaboramos en todas accións de rexeitamento que se teñan ou se vaian organizar,
canalizando, a través dos instrumentos democráticos, ese clamor cidadá. Chegou o
momento de dar un paso máis, e que sexan as Corporacións Locais as que, de motu propio, poñan o seu gran de area na denuncia desta inxustiza social e sumarse, por iniciativa propia, ao berro cidadá polo caso da Manada. É o momento de declarar persoas non gratas nos nosos concellos a:
• José Ángel Prenda Martínez
• Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena
• Jesús Escudero Domínguez
• Ángel Boza Florido
• Antonio Manuel Guerrero Escudero
Para deixar claro o rexeitamento aos agresores en todo o país, porque a sociedade entende que si foi un feito moi grave. É necesario e urxente o entendemento da xustiza e a sociedade en temas tan sensíbeis; e con este feito, trasladamos a solidariedade e arroupo á vítima, para que non se sinta nin culpábel, nin sinalada nin condeada.
As agresións sexuais son a arma máis empregada para librar esta guerra contra as mulleres que, non era sen tempo, xa se vai facendo máis visíbel, e por fin deixou de ocupar espazos de recheo para situarse nos titulares de apertura dos medios de comunicación. A loita feminista das últimas décadas foi vital para iso.
O caso da Manada é o cumio do iceberg e debemos aproveitalo para visibilizar os centos de casos anónimos que suceden ao noso arredor con moita máis frecuencia da que nos pensamos; e por parte de homes que non están enfermos. Que saiban todas as vítimas anómimas que estamos con elas e que non nos doen menos. E que todos e todas
entendamos que o silencio nos condena.
Polo anteriormente exposto, o BNG de Viveiro solicita ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
1. A declaración de persoas non gratas a:
• José Ángel Prenda Martínez
• Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena
• Jesús Escudero Domínguez
• Ángel Boza Florido
• Antonio Manuel Guerrero Escudero
2. Dar traslado deste acordo plenario á representación legal dos cinco condenados a
nove anos de prisión pola agresión sexual xulgada na Audiencia Provincial de Iruña.
3. Dar traslado deste acordo plenario á representación legal da vítima para que sexa
coñecedora do apoio real que ten.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



