O pasado sábado, 28 de xullo, coincidindo coa Romaría do Monte Castelo levouse a cabo unha campaña sobre a reciclaxe. O obxectivo foi fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Para elo todos os que se achegaron á romaría puideron recibir información da man de educadores ambientais que estiveron á súa disposición na carpa informativa de 11:00 a 15:00 horas A campaña está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes baixo o lema “Separar con xeito, para reciclar a feito”.
