Viveiro, a 28 de xuño de 2018. O PP de Viveiro lamenta que unha vez máis e ante un problema serio como é a falta de socorristas nun dos areais máis concurridos do noso Concello como é a praia de Covas, se adique o victimismo e a política de confrontación coa Xunta de Galicia, co único obxectivo de tapar a súa deixadez e inacción permanentes.
A Sra. Alcaldesa ante a petición do noso grupo de que restituia dito servicio de socorristas limitase a botar balóns fora e apelar a Xunta a que faga algo. Non sabemos moi ben se a Sra. Alcaldesa non se enteoru o fai que non se entera, posto que debería recordar os dous cursos que no seu momento ofertou a Xunta, un de socorrismo acuático en praias e outro para piscinas.
Ditos cursos, totalmente gratuítos para os que se inscribiran, e que estaban subvencionados ó 100% pola Xunta – polo tanto cun custe mínimo para os Concellos- proporcionaballes unha formación e un título ós participantes co que podían inscribirse no rexistro oficial de socorristas e desempeñar o seu labor en todo o ámbito nacional.
O único Concello que solicitou ditos cursos foi o de Xove, Viveiro permaneceu de brazos cruzados e non fixo nada, non pediu ningún dos dous cos que podía ter formado a custe cero entre 15 e 30 socorristas. E certo que non podería ter solicitado o de piscina porque esta non está homologada, pero non tiña absolutamente nada que lle impidise ter solicitado o de socorrismo acuático en praias.
Queda pois claro que a Xunta si lles da posibilidades ós Concellos para resolver este tema, pero si como ocurre no caso de Viveiro non se utilizan estes mecanismos que están o seu alcance para solucionalos, parece que non vale botarlle a culpa a terceiros da deixadez e vagancia manifiesta da nosa rexidora.
Dende o PP de Viveiro seguimos pedindo que a Sra. Alcaldesa lle de unha pronta solución a esta situación e volte a restituir o servicio, e que se deixe de andar mareando a perdiz e empece a preocuparse pola seguridade dos usuarios da praia de Covas.