Lugo, 31 de agosto de 2018. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón avanzou que este domingo, día 2 setembro, 288 xogadores e xogadoras, disputarán 18 partidos correspondentes á primeira previa da 1ª Copa Deputación de Fútbol Sala que organiza o Executivo Provincial coa Colaboración da Federación Galega de Fútbol. Son concretamente 16 equipos masculinos e 8 femininos os que xogarán nas sedes dos concellos da Pontenova, Meira, Outeiro de Rei, Ribadeo, Begonte e Rábade.
Rivera Capón remarcou que “con esta iniciativa buscamos fomentar unha modalidade deportiva que, dende hai máis de 25 anos, é un referente provincial. Por ese motivo, nace esta Copa Deputación de Fútbol Sala co principal obxectivo de ser un aliciente máis para o desenvolvemento dun deporte con tanta tradición na provincia”, sinalou.
“Ademais, o Goberno da Deputación quere dar especial visibilidade ao fútbol sala feminino, xa que nesta provincia son moitas as mulleres que se decantan por este deporte e, a pesares de competir en inferioridade de condicións, conseguen excelentes resultados. Por este motivo queremos que a nosa competición sexa o máis igualitaria posible polo que os 10 equipos femininos que participarán nesta competición recibirán exactamente as mesmas contías económicas en forma de premios” dixo o Deputado.
Premios
Dende o Goberno da Deputación, e dentro da aposta pola promoción e impulso do deporte base, todos os participantes da Copa Deputación recibirán compensación económica, sexan gañadores ou non, co fin de colaborar con todos e cada un dos clubs. Os equipos terán un premio de 310 euros por participar en cada rolda como local e 200 se son visitantes. Ademais, os gañadores I Copa Deputación de fútbol recibirán un premio de 1.000 euros, un trofeo e medallas, e os segundos clasificados, 600 euros.
Calendario de competicións
A I Copa Deputación de Fútbol Sala, que terá carácter de torneo de pretemporada, e que disputarán a fase previa masculina nos Concellos Pontenova, Meira, Outeiro de Rei e Ribadeo; e a feminina nos Concellos de Begonte e Rábade, conta co seguinte calendario de competicións para o domingo 2 de setembro;
CATEGORÍA MASCULINA
SEDE 1. A PONTENOVA. Polideportivo Municipal de A Pontenova.
CABEZA DE SERIE: VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 h. VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. – SAMOS F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 h. LUISITALIA – C.D. RECECENDE SUPERTI A PONTENOVA
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 h. Gañador Partido 1 – Gañador Partido 2
SEDE 2. MEIRA. Polideportivo Municipal de Meira. Rúa Federico González López, 13
CABEZA DE SERIE: RIBEIRA F.S.
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 h. RIBEIRA F.S. – CUBELAS F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 h. COVIRÁN QUIROGA F.S. – PLAYAS DE BARREIROS C.D.
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 h. Ganador Partido 2 – Ganador Partido 1
SEDE 3. OUTEIRO DE REI. Pavillón Municipal de Outeiro de Rei. Nacional VI s/n.
CABEZA DE SERIE: SANTA ISABEL F.S.
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 horas. SANTA ISABEL F.S. – CASTROVERDE F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 horas. TRABADA FUTSAL – C.P. CASÁS
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 horas. Ganador Partido 1 – Ganador Partido 2
SEDE 4. RIBADEO. Pavillón Municipal de Ribadeo. Rúa Alfredo Reaño, s/n.
CABEZA DE SERIE: S.D. XOVE
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 horas. S.D. XOVE – QATAR F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 horas. CONCELLO DE BEGONTE F.S. – LUGO FEITIZO SALA
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 horas. Ganador Partido 1 – Ganador Partido 2
CATEGORÍA FEMININA
SEDE 1. BEGONTE. Pavillón Municipal de Begonte. Baamonde.
CABEZA DE SERIE: VILALBA F.S.
Partido 1 Cuartos de Final: 10:30 h. VILALBA F.S. – U.D. PASTORICENSE
Partido 2 Cuartos de Final: 12:30 h. PESCADOS RUBÉN BURELA – OS MEIGALLOS F.S.
Partido 3 Semifinal: 18:30 h. Ganador Partido 2 – Ganador Partido 1
SEDE 2. RÁBADE. Pavillón Municipal Eduardo Villamarín. Polígono Industrial, Rúa F.
CABEZA DE SERIE: F.S.F. CASTRO
Partido 1 Cuartos de Final: 10:30 h. F.S.F. CASTRO – LIEDERS FUTSAL
Partido 2 Cuartos de Final: 12.15 h. RIBEIRA CIDADE DE LUGO F.S. – RÁBADE FUTSAL FEMENINO
Partido 3 Semifinal: 18:30 h. Ganador Partido 1 – Ganador Partido 2
PARTIDO XA CELEBRADO. FASE PREVIA. 25 de agosto. SARRIA. Pavillón José Mario González. O Chanto. OS MEIGALLOS F.S. – CONCELLO DE BEGONTE F.S. (2-0)



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
