Mondoñedo, 19 de agosto de 2018.- O Concello de Mondoñedo tramitará esta mesma semana a súa adhesión ao convenio subscrito entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
O Goberno local iniciará unha campaña informativa polas parroquias na que se explicará cales son as zonas afectadas e o propio contido do convenio. Ao mesmo tempo, nos locais sociais das parroquias terán á súa disposición os planos cos espazos delimitados para que os propietarios poidan identificarse como afectados, de ser o caso. Será unha labor que contará coa colaboración de Protección Civil de Mondoñedo.
Vantaxes para os propietarios
Os labores centraranse nos terreos abandonados e nos de particulares que se adhiran a un contrato de xestión de biomasa coa entidade xestora do devandito sistema público. Os titulares de montes que se comprometan co sistema aboarán unha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea para a xestión da biomasa nos seus terreos. Os propietarios beneficiaranse así das vantaxes do sistema, que inclúen a asunción polas administracións públicas dos maiores custes a que poidan dar lugar estes traballos.
Trátase cunha iniciativa que dará facilidades aos propietarios para que cumpran coas súas obrigas legais. Desde o Concello de Mondoñedo valoran especialmente que se lle poida dar unha solución burocrática a aquelas parcelas cuxos propietarios son imposibles de localizar. Estes trámites xa se viñan xestionando individualmente por parte do Concello chegando a facelos de forma subsidiaria nalgún casos, pero esta solución, apunta a rexedora, “farao moito máis doado”.
Candia avanza ademais que o Goberno local contratará a redacción do plan de incendios. “É un asunto no que sempre se manifestou unha gran sensibilidade pola nosa parte e no que imos seguir avanzando con esta contratación”, abunda.
No marco da loita contra os incendios forestais o Goberno local leva desde o 2015 limpando de maleza con maquinaria cada ano preto de 300 quilómetros de superficie de todas as parroquias, uns traballos que completa con limpeza a man nos lugares de difícil acceso. A rexedora sinala que estas actuacións son “enormemente” beneficiosas para incrementar a seguridade dos peóns e dos condutores e dar unha mellor imaxe do Concello, ao tempo que se contribúe á loita contra os incendios forestais. O Concello tamén se encargou de preto dun centenar de expedientes de xestión de biomasa, chegando nalgún caso á execución subsidiaria.
Detalles do convenio
Este acordo, asinado a pasada semana e pioneiro no ámbito europeo, contempla un investimento por parte do Goberno galego de máis de 28 millóns de euros ata o ano 2021, en colaboración coa administración local, que cofinanciará as actuacións previstas.
Prevese a actuación, ao longo de catro anos, nunhas 16.000 hectáreas de faixas secundarias, con especial atención a aqueles concellos máis afectados polos lumes. Os municipios que o soliciten serán seleccionados para adherirse ao sistema a partir dunha serie de criterios obxectivos de prioridade, relacionados co número de lumes rexistrados no seu territorio ou a existencia neles de parroquias de alta actividade incendiaria, entre outros.
Obriga legal
O convenio instrumenta a cooperación entre as administracións autonómica e local, e de estas cos propietarios forestais, nas tarefas de interese público, mediante o fomento da necesaria prevención de incendios por parte das persoas particulares, facilitando que cumpran coa súa obriga legal de xestión da biomasa dos seus montes.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



