Ribadeo, 5 de setembro de 2018. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, explica que os problemas técnicos rexistrados o pasado sábado no acto do pregón das festas patronais foron debidos a un foco que fixo masa e ocasionou que a corrente non chegase a diferentes zonas do Cine Teatro. O edil ribadense lembrou que todo foi probado con anterioridade á celebración do pregón, agradece o traballo dos técnicos municipais e a profesionalidade da Coral Polifónica de Ribadeo, que non puido rematar a súa actuación tal e como a tiña plantexada. O concelleiro de Cultura pide desculpas polo sucedido, e considera que o Cine Teatro precisa dunha reforma e sinala que a Sociedade Filantrópica, o Concello, a Xunta e o goberno central deberían sentarse a abordar esta cuestión.
Farruco Graña declarou que “desde a Concellaría de Cultura queremos dar as pertinentes explicacións, recoñecer o erro que se cometeu e pedir desculpas polo acontecido o sábado pasado no pregón das festas de Ribadeo. Queremos aclarar que todo o que se preparou, segundo nos solicitaron tanto desde a comisión de festas como o propio pregoeiro, e segundo nos indicou tamén a Coral Polifónica de Ribadeo, todo foi probado previamente e todo funcionou ben. Probamos por dúas ocasións e todo ía ben. O que ocorreu foi simplemente que un foco fixo masa e iso foi o que motivou que saltara unha das fases do Teatro de Ribadeo e provocara a carencia de luz en determinadas tomas de corrente, coa conseguinte consecuencia de que a Coral Polifónica de Ribadeo non puido rematar a actuación como tiña previsto. Pero en todo caso, grazas á súa experiencia, e quero recoñecelo publicamente, foi capaz de buscar unha solución rápida e eficaz a ese percance ocorrido. Todo fora probado, pero as cousas da electricidade ás veces causan estes imprevistos”.
O edil ribadense dixo: “queremos recoñecer tanto á persoa que naquel momento estaba encargada da intendencia como tamén á persoa que ao longo de todo o ano desenvolve as labores de intendencia na Concellaría de Cultura, porque teñen dado boas mostras ao longo deste ano, e doutros anos, da súa capacidade para organizar as cousas e tamén para buscar solucións ante imprevistos concretos. A persoa que nesta ocasión substituíu ao técnico tamén cumpriu co seu cometido e coordinámonos perfectamente. O técnico habitual solicitara o día, é o seu dereito e non nos parecía que fose imprescindible a súa presenza, de feito, por moito que esa persoa estivera alí, o problema dese foco non se podía amañar nese momento. Revisámolo despois e tomaremos boa nota”.
Farruco Graña subliñou: “quero recoñecer a capacidade e a profesionalidade da Coral Polifónica de Ribadeo porque, ante un imprevisto, soubo reaccionar con eficacia e con rapidez, e buscou unha alternativa como non cabía esperar menos dunha Coral como a de Ribadeo e a súa dilatada experiencia. Queremos insistir na petición de desculpas tanto á Coral Polifónica de Ribadeo como ao propio pregoeiro, que non se viu afectado no seu acto en si pero forma parte do que é o pregón das festas, á comisión de festas por suposto, e a todo o pobo de Ribadeo porque, nun acto significativo, produciuse un pequeno percance que alterou parcialmente a realización do mesmo”.
O responsable de Cultura cre que “é a ocasión para reflexionar sobre a necesidade de afrontar cambios e unha reforma integral no Teatro de Ribadeo, porque é un edificio que para todos e todas nós é moi entrañable, sobre todo para as persoas que xa desde cativos e cativas foron alí a bailes de salón ou posteriormente asistiron a proxeccións de cine, e actualmente asistimos a concertos, representacións teatrais e cousas do máis variadas. Pero si que é certo e xa o podemos comprobar ao longo do anterior curso, que se trata dun edificio que ten moitisimos anos ás súas costas e necesita dunha reforma. Eu creo que nos debemos sentar a Sociedade Filantrópica, que é a propietaria do local, o Concello de Ribadeo, e a Xunta e o goberno central tamén, enmarcado por exemplo na planificación do que é o Xacobeo 2021, ou calquera outro programa de potenciación da actividade cultural e das infraestruturas relacionadas coa mesma. É o momento de buscarmos entre todos como ir deseñando unha solución a este edificio tan emblemático para Ribadeo. Segue estando aí e estará aí, pero sería realista recoñecer que son unhas instalacións que necesitan unha reforma a fondo. Poñámonos a estudar o tema con calma entre todos e afrontaremos esa reforma no futuro. Sen querer desviar a atención, esta reflexión creo que é necesaria”.
E insistiu: “unha vez máis pido desculpas a todo o pobo de Ribadeo por este pequeno percance ocorrido, e en todo caso xa tomamos automaticamente debida nota para seguir pendentes da instalación eléctrica e de todo o demais do Teatro de Ribadeo. Desde logo procuraremos que non se volva producir unha situación deste tipo”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



