Lugo, 05 de setembro de 2018- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou hoxe das melloras que levou a cabo o Ministerio de Fomento para acondicionar a estrada N-642, unha vía de comunicación que é fundamental na provincia de Lugo, xa que esta é a estrada que vertebra unha comarca tan poboada e con tanta importancia para a economía provincial como é a da Mariña. A estrada N-642 é usada a diario por moitos mariñáns, aos que se suman durante o verán os numerosos turistas que visitan a zona e este xoves será vía de paso da Volta Ciclista a España.
A subdelegada do Goberno explicou que “o mal estado no que se atopaba o pavimento desta estrada e o perigo que supoñía para os condutores obrigounos a actuar, Fomento tivo que aumentar o orzamento previsto con anterioridade para levar a cabo novas obras de urxencia, foi a segunda ampliación da declaración inicial de emerxencia e con ela duplicamos os cartos investidos antes”.
REMATE DAS OBRAS DE EMERXENCIA
As obras de urxencia que se levan realizado para acondicionar o pavimento supuxeron un investimento total de máis de 1.523.000 euros para arranxar o pavimento en distintos treitos da estrada.
O investimento feito coa declaración inicial de emerxencia foi de 173.915 euros nunhas obras realizadas entre os pk 2+200 e 7+900. Posteriormente, ampliouse a declaración de emerxencia para realizar novas melloras entre os pk 2+200 e 45+300, nas que se investiron outros 620.383 euros.
Pero o grave deterioro do pavimento nesta vía, con fochancas de ata 10 cm de profundidade, aconsellou a realización dunha segunda ampliación da declaración de emerxencia, para poder mellorar o antes posible o estado da estrada sen ter que esperar ao comezo das obras do proxecto de rehabilitación estrutural que Fomento levará a cabo nos vindeiros meses na N-642.
Por este motivo, Fomento aprobou a principios do mes de agosto unha nova actuación de emerxencia, que permitiu adiantar o investimento de 729.567 euros, unha partida que se destinou a mellorar o pavimento entre os pk 26+900 e 54+395. Estas obras leváronse a cabo durante o último mes e xa están rematadas.
REHABILITACIÓN ESTRUTURAL, EN BREVE
A subdelegada do Goberno tamén anunciou que nas próximas semanas, a finais de setembro ou principios de outubro, darán comezo as obras do proxecto de rehabilitación estrutural da N-642. Esta nova actuación executarase entre os puntos kilométricos 26+950 ao 28+800 e 36+500 ao 55+000.O proxecto de rehabilitación estrutural da N-642 foi adxudicado por Fomento cun presuposto de 1.996.484 euros (ive incluído) e cun prazo de execución de doce meses.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



